Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Marzo, 2018

Os cans da miña aldea

Imaxe
Neste post vou falar dos cans que había na aldea que me criei. Tristemente, nesa entrañable aldea, só quedan vellos, casas baleiras e corredoiras cheas de silvas e fieitos. Unha aldea que se está esmiuzando como moitas outras espalladas por Galicia adiante. A consecuencia de tal esfarelo, non só fixo que minguaran os veciños, tamén a comunidade canina foi a menos como a auga no verán, situación que me fai lembrar de neno, daquela cando vivía   nunha das aldeas con máis cans en toda a contorna. Tal era a febre perruna, que exceptuando catro veciños (dos trinta e dous que éramos) o que non tiña un can, tiña tres ou catro. Había cans por tódolos lados e de tódolos tipos, dende os máis arteiros para a caza, ata o xenuíno can de palleiro, pasando por cruces perralleiros que eran como quen non os tiña, sen esquecer o can de “rasaloba” que tiña algún que outro veciño doente. Non sei ata que   punto é certo eso de que os cans son como os donos... Dende o Cotarelo ata a Mourella, pas

Aprendiz de lutier - fase 9

Imaxe
Unha estación espacial sen control, caerá á Terra nos próximos días, o artefacto pesa unhas cuantas toneladas pero aquí non pasa nada. Según catro matados, non hai motivos de preocupación, din que podemos estar tranquilos. Malo raio os parta! Para o alivio de tal preocupación, aquí vos deixo coas últimas imaxes do proxecto "Mandolina". Unha obra coa que me sinto moi contento, xa que vexo que o  propósito  paso a paso estase facendo realidade, noto unha sensación así como cando un empeza a clases de inglés e aproveita a taberna para chapurrear a lingua de Shakespeare cos amigos. Esta foi unha semana de tacos, primeiro puxen  os zoquetillos do fondo, un a un, con moito tino de non excederme coa cola, logo a cadeneta da tapa, onde as pinzas do tendal fixeron que todo saíra como de costume.  Os zoquetillos que utilicei para o fondo, son de cedro brasileño e a cadeneta da tapa armónica, de cedro roxo. Cinco productos en catro días, preventivo anticarcoma, aqu

Aprendiz de lutier - fase 8

Imaxe
Téñolle tanto aprecio a esto de elaborar varetas, que se fose fumador, o deixaría con tal de non afumalas.  Esta semana encolei fondo, zoquete e varetas. A sensación foi fascinante...  Estou por decir, que na próxima vida non quero ser xuíz, militar, conserveiro nin fareiro, quero ser lutier. Pregúntome, se o motivo polo cal non existen instrumentos de corda no folclore galego, sexa debido a que para a súa construcción, haxa que manter unha humidade ambiental entre 50 e 60% a que temos normalmente en Galicia, vamos! Normalmente a principal función do zoquete é unir os dous aros, aínda que neste caso a única finalidade que ten é facer de base para atornillar o cordal, xa que este instrumento consta dun aro único. Nesta imaxe apréciase fenomenalmente a diferenza de veta nas distintas partes: Tapa, aro e zoquete. Canta máis separada está a veta, máis absorbe e menos transmite, por eso a tapa armónica as ten tan xuntas, a ela é o que lle queda. T

Aprendiz de lutier - fase 7

Imaxe
Con este post, quérolle deixar claro a máis de catro transeúntes interesados, que se os traballos de lutería os realizo no garaxe é porque non dispoño dun taller, pero tampouco me preocupa, xa que esta non deixa de ser unha afección de puro pracer, da que non vivo dela.  Traballo no garaxe e coa porta franqueada cara á vía pública porque podo e quero, non só pola luz natural e o aire fresco da ribeira, que me encanta! Tamén é para observar a forma en que actúan máis de catro viandantes, os cales xa teño clasificados en tres tipos: Os que proceden dun xeito sigiloso evitando mirar para o escaparate, non dan os bos días nin a tiros! Os que saudan sen deterse, e por último os que sacian o seu interés, facendo uso da chismosa curiosidade indagando no que estou facendo, que ata certo punto é un comportamento natural humano, para saber en que mete o tempo o veciño. Non vaia a ser! Un entusiasmo colectivo, que moitas das veces leva a unha conducta cando menos penosa, amosando unha tremend

Aprendiz de lutier - fase 6

Imaxe
Esta foi unha semana de olor a madeira, dediquei o tempo en construir o varetaxe e preparar a tapa e o fondo. A tapa armónica é o principal elemento vibratorio ,  dela depende en gran medida a calidade do son. Para esta u tilicei  Abeto Engelmann, é sorprendente a  densidade tan baixa deste elemento, e  para o fondo Cedro Roxo, ámbolos dous coas vetas rectas e moi xuntiñas como debe ser.   03-03-18 Remato a semana cos deberes feitos, queda á espera de pegar varetas. Volverei a utilizar outro sistema milenario, neste caso de subxección, pero esto mostrareino no próximo capítulo. Pasei toda a mañá enfaenado, o día foi moi productivo, deixo todo lixado e co protector de fondo dado, agora chegou o momento de meterlle unha copichuela de Condado de Haza, un Ribera del Duero que está que se sale. Non vai ser todo traballar! Vai por vós! 01-03-18 Esto é o que se di comezar o mes con varetas,  aínda que nesto do varetaxe dá a impresión de que cada lutier vai a