Aprendiz de lutier - fase 7
Con este post, quérolle deixar claro a máis de catro transeúntes interesados, que se os traballos de lutería os realizo no garaxe é porque non dispoño dun taller, pero tampouco me preocupa, xa que esta non deixa de ser unha afección de puro pracer, da que non vivo dela.
Traballo no garaxe e coa porta franqueada cara á vía pública porque podo e quero, non só pola luz natural e o aire fresco da ribeira, que me encanta! Tamén é para observar a forma en que actúan máis de catro viandantes, os cales xa teño clasificados en tres tipos: Os que proceden dun xeito sigiloso evitando mirar para o escaparate, non dan os bos días nin a tiros! Os que saudan sen deterse, e por último os que sacian o seu interés, facendo uso da chismosa curiosidade indagando no que estou facendo, que ata certo punto é un comportamento natural humano, para saber en que mete o tempo o veciño. Non vaia a ser!
Un entusiasmo colectivo, que moitas das veces leva a unha conducta cando menos penosa, amosando unha tremenda falta de sensibilidade. Está o típico viandante que pregunta por sana curiosidade e punto, e tamén está o que pregunta con unha particularidad añadida, o que o fai rematando a pregunta cun: "a ver se sona!" Non quero decir con esto que precise de ánimos para seguir adiante nin moito menos, pero tampouco me gusta que se molesten en poñer en duda o resultado do meu traballo, en ningún momento lles pedín a súa opinión!
Sempre tiven claro, que para saber se un é capaz de facer algo, hai que intentalo pensando na victoria, nunca planeando unha derrota, eso deixo para os que rematan cun "a ver se sona!" os que aínda non saben que o medo a fracasar é o que volve os soños imposibles. Mesmo pregúntome, que é o que saberán estes individuos de soños...!
Esta peza é un reforzo para a boca da tapa armónica, vai no seu interior, xustamente pola parte de abaixo da roseta, aínda non sendo extremadamente necesaria a súa colocación, considero conveniente poñela.
Traballo no garaxe e coa porta franqueada cara á vía pública porque podo e quero, non só pola luz natural e o aire fresco da ribeira, que me encanta! Tamén é para observar a forma en que actúan máis de catro viandantes, os cales xa teño clasificados en tres tipos: Os que proceden dun xeito sigiloso evitando mirar para o escaparate, non dan os bos días nin a tiros! Os que saudan sen deterse, e por último os que sacian o seu interés, facendo uso da chismosa curiosidade indagando no que estou facendo, que ata certo punto é un comportamento natural humano, para saber en que mete o tempo o veciño. Non vaia a ser!
Un entusiasmo colectivo, que moitas das veces leva a unha conducta cando menos penosa, amosando unha tremenda falta de sensibilidade. Está o típico viandante que pregunta por sana curiosidade e punto, e tamén está o que pregunta con unha particularidad añadida, o que o fai rematando a pregunta cun: "a ver se sona!" Non quero decir con esto que precise de ánimos para seguir adiante nin moito menos, pero tampouco me gusta que se molesten en poñer en duda o resultado do meu traballo, en ningún momento lles pedín a súa opinión!
Sempre tiven claro, que para saber se un é capaz de facer algo, hai que intentalo pensando na victoria, nunca planeando unha derrota, eso deixo para os que rematan cun "a ver se sona!" os que aínda non saben que o medo a fracasar é o que volve os soños imposibles. Mesmo pregúntome, que é o que saberán estes individuos de soños...!
Para o pegado das varetas utilizo o pegómetro, un artilúxio caseiro que ademáis de presionar ás mil marabillas, é motivo de interés para máis de catro con tal ver.
Este é o sistema que utilizo para conseguir a lixeira curvatura do fondo
A principal función da roseta é evitar que abra a madeira (pola veta) na boca da tapa
Para a semana máis porque mellor imposible.
Que teñades bo día!
Pegómetro Artilúxio que consta de dúas pezas planas superpostas formando unha cavidade, na que unhas varetas exercen unha presión constante sobre obxectos a pegar entre sí.
Comentarios
Publicar un comentario