Aprendiz de lutier - fase 9


Unha estación espacial sen control, caerá á Terra nos próximos días, o artefacto pesa unhas cuantas toneladas pero aquí non pasa nada. Según catro matados, non hai motivos de preocupación, din que podemos estar tranquilos. Malo raio os parta!

Para o alivio de tal preocupación, aquí vos deixo coas últimas imaxes do proxecto "Mandolina". Unha obra coa que me sinto moi contento, xa que vexo que o propósito paso a paso estase facendo realidade, noto unha sensación así como cando un empeza a clases de inglés e aproveita a taberna para chapurrear a lingua de Shakespeare cos amigos.

Esta foi unha semana de tacos, primeiro puxen os zoquetillos do fondo, un a un, con moito tino de non excederme coa cola, logo a cadeneta da tapa, onde as pinzas do tendal fixeron que todo saíra como de costume. 

Os zoquetillos que utilicei para o fondo, son de cedro brasileño e a cadeneta da tapa armónica, de cedro roxo.






Cinco productos en catro días, preventivo anticarcoma, aquí non van entrar as termitas nin a tiros.


















Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)