Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Novembro, 2014

Non máis BÁGOAS

Imaxe
Aquí vos deixo unhas fotos da marcha reivindicativa "Non máis Bágoas" que fixemos hoxe a Santiago. Eu fun un dos moitos que concluimos o viaxe de ida e volta en bici, ademáis do percorrido polo casco de Santiago. A pesar de que o día estuvo algo enturbiado pola choiva, mereceu moito a pena esta marcha, a causa merecíao.  A volta foi moito mellor do que esperaba, xa que parte do traxecto aguantouse escampo e con vento de popa vin como Dios. NON MÁIS BÁGOAS DIEGO SOMOS TODOS Un intento de agrupamento que se fixo na ida en Taragoña Intres antes de comezar a volta polo casco urbán Logo da subida de Bexo, parou de chover Entre unhas e outras 141Km

Tempo doutras muiñadas

Imaxe
Tanto vindeover, tanto fenómeno báquico e xa están aquí os últimos días de festa, de ben pensado, fuxiron mesmamente como as dun esquío cun axóuxere lila, comendo un bocata de nutella. Vamos, como as de calquera! Ahora vou para outra muiñada de moito caletre e moito horario drag queen, pero iso ainda está por vir, como di Rogelio o do estanco: “Non adiantemos os bois o carro, que o mundo non está para estorbos”. Ten toda a razón, claro está que non é momento de poñerse a moer o que non se moeu en 15 días, e tolearvos con moliendas, movendo abanicos como “Locomía” xa que isto non é “Callejeros Viajeros” nin moito menos, pero si desexarvos un moi bo fin de semana. Que o disfrutedes.

O furancho de Antón

Imaxe
Maura II-III Xa fai uns cantos anos daquela noitiña de decembro, alí no furancho de Antón cunhas cuncas de viño novo, pan, chourizo quente e salchichón. Os catro que éramos ó carón daquela lareira, compartíamos unha porfía ata que entrou Luís de Sarandón (ben coñecido por todos como o Fragueiro); interrumpindo tal altercada conversación. Achegouse dicindo que viña de Monterroso de mercar unha escopeta mailo cinturón. Deixounos abraiados co que tal viu naqueles tenderuchos, con tales marcas, modelos, formas, e cartuchos, levounos discutindo sin ton nin son ata ben apagar naquela lareira o tizón, onde todos marchamos faltos de razón, pero non sen antes tomar a arrancadeira.  Á mañaciña seguinte, e co ambiente non tan caldeado, fomos máis alá da horta de Elvira, a tiros cas palomas, quen as vira. Alí non había reuma nin artrite, todos contentos e felices ata a volta, que entramos no furancho de Antón, este, por precaución xa non puxo nin chourizo nin salchichón, pero aínda así, pola

Unha folla de Carballo Cerqueiro

Imaxe
Ben sei que todos diferenciades un carballo dun pino, iso é algo que teño clarísimo, o que non teño tan claro é que sepades diferenciar un Carballo Común dun Carballo Cerqueiro. Tamén sei que nos tempos que corren, iste é un tema que lle interesa a ben poucos, pero como isto é cuestión de prioridades, aí vos vai, para vos, para eses poucos, polo tanto iste é o tema a tratar neste post. Carballo Cerqueiro    Carballo Común Hoxe en día, nas carballeiras conviven unha gran variedade de especies, tanto foráneas como autóctonas, entre as cales hai unha moi particular que se coñece como Carballo Cerqueiro. A priori xa non é tarefa doada dar con eles; unha que hai escasos exemplares e outra a pouca diferenza que existe con respeito ó resto das variedades, teñen as follas máis claras e dentadas dun tacto aterciopelado, percibíndose este maioritariamente nas follas novas (as das puntas das ramas). A súa madeira é dura e de  boa calidade, moi cotizada en ebanistería,  cunha casca ríca en

A xenerosa Stephanie

Imaxe
Maura I-III De ben pensado, vaia semana levo de can de palleiro, nada de bici, nada de running, todo se vai de parloteo e papatorias... Exquisitez por aquí, exquisitez por alá... Eso si, fíxeno con toda a boa intención para non levantar sospeitas, pero esas duas no tema culinario están de volta e media, xa non sei se é a febilla a que lle espabila a tontería a báscula ou se esta é a que incita a febilla a renovar de burato, entre elas fan un complot que nin os cans, ainda que no fondo un debería ter a conciencia tranquila e respaldada por tales inclemencias, de choiva, frío e tempestades a domicilio, xa que temos menos posibilidades de facer deporte ao aire libre e voltar coa crisma seca, que sair victorioso dun día de picnic en Call of Duty. Aproveito para mostarvos "Maura"  Unha creación vectorial texturizada CMYK dunhas dimensions de 1100x350mm. formando a primeira parte dun tríptico.

"Tutti ple"

Imaxe
SoundHound Este mes de novembro arrancou pisando forte, e non so deixando caer choiva a “tutti ple” se non que tamén o fixo soltando prenda no ámbito tecnolóxico, tanto en aplicacións como en Hardware; sen esquecernos da última fornada que quitou a toda poderosa Google, Lollipop; (piruleta) un nome ben bonito donde os haxa, si señor! Shazam Estamos de noraboa todos os aficionados a música, xa que SoundHound o día 10 deste mes, sorprendíanos cun mogollón de melloras na súa última versión. Esta aplicación de identificación musical é semellante á coñecida Shazam , que ademáis recoñece as cancións incluso si as cantamos ou tarareamos. Unha auténtica delicia! Pódovos asegurar que si tan so en 4 segundos acertou as que eu lle cantei, de seguro que acerta as de calquera, por moi mal que este cante. Supoño que nos próximos días máis de un festeiro arraigado non tardará moito en pasarlle a proba de lume, para ver como soluciona o aparato a

2$ americanos

Imaxe
A ruta que fixen hoxe en bici fíxome recordar a historia daquel mozo inducido polo seu tío Eladio para que marchase con él a Nova York. Este contáballe que se faría un home rico e importante en pouco tempo, xa que alí ganábanse cartos a paladas e o mozo completamente persuadido fíxolle caso pirándose ó seu carón. Nada máis chegar a Queens, paseando por Long Island, atópou tirado na beirarrúa un billete de 2$, si, dous dólares americanos. O mozo con aires de grandeza e inflando aquel peito ó mesmo tempo que lle metía unha patada na cara   arrugada de Thomas Jefferson dixo: “Hoxe non me abaixo para collerche amiguiño, ata mañá non quero empezar a gañar pasta”. Eu iba baixando cara Ponte Beluso cando vin un corvo famento a picotazos con aquél sapo desafortunado, estiven a piques de parar para inmortalizar o momento pero pensei o mesmo que o sobriño de Eladio, supuxen que sobrarían tantos monstruos para capturas, como capturas monstruosas e fíxenme o longuis. Andei e an