"Tutti ple"


SoundHound
Este mes de novembro arrancou pisando forte, e non so deixando caer choiva a “tutti ple” se non que tamén o fixo soltando prenda no ámbito tecnolóxico, tanto en aplicacións como en Hardware; sen esquecernos da última fornada que quitou a toda poderosa Google, Lollipop; (piruleta) un nome ben bonito donde os haxa, si señor!


Shazam
Estamos de noraboa todos os aficionados a música, xa que SoundHound o día 10 deste mes, sorprendíanos cun mogollón de melloras na súa última versión. Esta aplicación de identificación musical é semellante á coñecida Shazam, que ademáis recoñece as cancións incluso si as cantamos ou tarareamos. Unha auténtica delicia! Pódovos asegurar que si tan so en 4 segundos acertou as que eu lle cantei, de seguro que acerta as de calquera, por moi mal que este cante.

Supoño que nos próximos días máis de un festeiro arraigado non tardará moito en pasarlle a proba de lume, para ver como soluciona o aparato a papeleta de catro copas a bordo. Superando ou non este reto, non deixa de ser unha aplicación que está disponible para os tres Sistemas Operativos máis destacados, como son Android, Windows Phone e iOS, podes descargalo dende aquí, pinchando no correspondente enlace: Android, Windows Phone ou iOS espero que disfrutedes das cantareas mesturadas cas mellores risas.

Esta imaxe foi obtida de: elpais.com


Unha vez máis vólvese a repetir a mesma escena, sempre que Google actualiza o seu sistema operativo Android; (neste caso a versión 5.0 coñecida como Lollipop) sempre fai o seu estreno nun terminal Nexus, desta vez tocoulle ser protagonista a Nexus 6 (un dos Smartphone máis potentes do mercado, feito conxuntamente por Google e Motorola) Seguidamente únense á festa os terminales Samsung Galaxy S4, LG G3 e todos os Sony de gama Z. Si tes un destes terminales podes estar contento, ou non, xa que na versión Beta detectaron algunhas dificultades no acceso a Root (esto do acceso Root esta relacionado cos previlexios de superusuario, para algún tipo de configuración e permisos administrativos). 
Noutros sistemas operativos como iOS este acceso está totalmente denegado dende a súa creación, ocasionando fortes críticas no seu momento, pero o parecer a competencia non lle importa seguir o rastro perseguindo as “manías” dese sistema “pijotero” a pesar de ser causa de tantos reproches.
Por que será...? So falta que na súa próxima versión “Golosina” non deixe executar ficheros Flash, sería para ir a corte e matalas todas.

Un saúdo.




Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)