A ruta que fixen hoxe en bici fíxome
recordar a historia daquel mozo inducido polo seu tío Eladio para que marchase
con él a Nova York. Este contáballe que se faría un home rico e importante en
pouco tempo, xa que alí ganábanse cartos a paladas e o mozo completamente
persuadido fíxolle caso pirándose ó seu carón. Nada máis chegar a Queens,
paseando por Long Island, atópou tirado na beirarrúa un billete de 2$, si, dous
dólares americanos. O mozo con aires de grandeza e inflando aquel peito ó mesmo
tempo que lle metía unha patada na cara arrugada
de Thomas Jefferson dixo: “Hoxe non me abaixo para collerche amiguiño, ata mañá
non quero empezar a gañar pasta”.
Eu iba baixando cara Ponte Beluso cando
vin un corvo famento a picotazos con aquél sapo desafortunado, estiven a piques
de parar para inmortalizar o momento pero pensei o mesmo que o sobriño de
Eladio, supuxen que sobrarían tantos monstruos para capturas, como capturas
monstruosas e fíxenme o longuis. Andei e andei ata alá ben pasada a Casa da
Collona, aínda que o monstruo bicéfalo seguía agachado sen aparecer e a captura
sen facer.
 |
Hoxe tiven
a oportunidade
de probar por primeira vez
“Finca Resalso”, un Ribera
del Duero
que sabendo a
adega de onde provén;
(Bodegas Emilio Moro)
a priori xa tiña tódalas
papeletas para deixar
satisfeito calquer paladar
exquisito. Preséntano como
o
pequeño da casa, xa que
está elaborado con uvas de
viñedos novos de entre 5 e
15 anos, un viño de cor
cereixa con ribetes violáceos
debido a súa xuventude, un
viño que ainda sen superar os
10€ é un viño que non
defrauda, un viño que vos
recomendó, sobre todo os
amantes da denominación
Ribera del Duero.
|
Comentarios
Publicar un comentario