A xenerosa Stephanie
Maura I-III |
De ben pensado, vaia semana levo de can de palleiro, nada de bici, nada de running, todo se vai de parloteo e papatorias... Exquisitez por aquí, exquisitez por alá... Eso si, fíxeno con toda a boa intención para non levantar sospeitas, pero esas duas no tema culinario están de volta e media, xa non sei se é a febilla a que lle espabila a tontería a báscula ou se esta é a que incita a febilla a renovar de burato, entre elas fan un complot que nin os cans, ainda que no fondo un debería ter a conciencia tranquila e respaldada por tales inclemencias, de choiva, frío e tempestades a domicilio, xa que temos menos posibilidades de facer deporte ao aire libre e voltar coa crisma seca, que sair victorioso dun día de picnic en Call of Duty.
Aproveito para mostarvos "Maura" Unha creación vectorial texturizada CMYK dunhas dimensions de 1100x350mm. formando a primeira parte dun tríptico.
Comentarios
Publicar un comentario