O furancho de Antón

Maura II-III
Xa fai uns cantos anos daquela noitiña de decembro, alí no furancho de Antón cunhas cuncas de viño novo, pan, chourizo quente e salchichón. Os catro que éramos ó carón daquela lareira, compartíamos unha porfía ata que entrou Luís de Sarandón (ben coñecido por todos como o Fragueiro); interrumpindo tal altercada conversación. Achegouse dicindo que viña de Monterroso de mercar unha escopeta mailo cinturón. Deixounos abraiados co que tal viu naqueles tenderuchos, con tales marcas, modelos, formas, e cartuchos, levounos discutindo sin ton nin son ata ben apagar naquela lareira o tizón, onde todos marchamos faltos de razón, pero non sen antes tomar a arrancadeira. 
Á mañaciña seguinte, e co ambiente non tan caldeado, fomos máis alá da horta de Elvira, a tiros cas palomas, quen as vira. Alí non había reuma nin artrite, todos contentos e felices ata a volta, que entramos no furancho de Antón, este, por precaución xa non puxo nin chourizo nin salchichón, pero aínda así, pola disputa do escopeteiro campeón, volveu a discusión. 

Xa ides vendo, quitade a vosa conclusión.


Aquí vos deixo a mostra da segunda parte de “Maura”
Espero que vos guste.






Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)