Donald Trump en Baroña
O título deste post ben podía ser “Amansa Bestias” nel vou contar algo inédito sobre o Sr. Donald Trump, vou falar da estancia que pasou en Baroña sen que a prensa rosa nin os xornais se enteraran.
Donald Trump na entrada do recinto fortificado do Castro de Baroña |
O reloxo da cafetería marcaba as 9:45 cando o presidente a bordo do Air force one, e baixo un maior secretismo tomaba terra no aeroporto de Rosalía de Castro (ata ese momento descoñecíase se viña en plan de negocios ou lecer). Escoltado polas autoridades competentes e sen moito paripé, axiña chegou ao punto de destino, Baroña. Víase ansioso por facer negocios nesta parte da ría, beber Albariño e comer ben, de feito o primeiro que fixo nada máis chegar, foi recorrer os mellores locais de hostalería da parroquia e relacionarse coa xente do lugar cunha especie de castellano averiado, que quen lle dera a moitos! Dende O Pino ata Ínsua pasando polo Castro e Arnela, rematando cunha brisca na do Fero e a durmir, que o cansancio da viaxe pedíalle a gritos descansar. Ao día seguinte nin corto nin perezoso, coa espada armada apareciu en Orellán, ninguén diría que era o mesmo do día anterior, viña cunhas ideas que bueno… Pretendía construir no río Pateleiro a hidroeléctrica co encoro máis alto de Europa, embalsar as augas cristalinas do Barbanza e deixar todo anegado. Cando os veciños se enteraron… Que pouco lle faltou para correlo a paus… !
Foi intelixente! Vendo que os negocios non lle foran ben, antes de partir cara ás américas quixo disfrutar da natureza en estado puro e duro, sen esquecer a Arealonga onde luciu pompis canto quixo.
Co pretexto de respirar aire puro e poñer en práctica o efecto terapéutico de camiñar, acompañado do burbulleo da auga e dos veciños do lugar, foi por un camiño ó longo do río, viron no medio dunhas carrouchas un niño de carrizo e o dun peto nun castaño centenario, palomas torcaces, ovos de culebra, o rastro de xabarís e o tobo dun raposo con vistas á ría. Viron castaños, carballos, salgueiros, sobreiras e camiños gastados, viron ardillas, vacas, verdeirolos, xílgaros e miñatas. Tamén viron a muda dunha culebra, o teixugo, un lagarto ao sol e a sombra da lebre. Sabe Dios o que tal viron! jajaja! Ao velo chegar sudado e con aqueles trekking cheos de bosta fresca, parecía un aldeán máis, falando inglés.
En certo modo, alégrome que en Baroña non lle foran ben os negocios, vivindo deste xeito uns días nun mundo paralelo á beleza e o relax. Eso si, acostumado a moverse na city en coche daquí para alá e dalá pa colá, coa de camiñatas que aquí se pegaba, durmía como un lirón, non había estrés que lle entrara.
Ahh! Gustoulle tanto a praia de Arealonga que xa quería mandar construir a “New tower Trump on the beach” Menos mal que llo quitei da cabeza! Aparta, aparta!
Con tales experiencias vividas, cando marchou iba contento como un can co rabo longueiro dicindo “This is Baroña, this is calidade full quality, ooh yeah!"
ese foi buscar pedras po muro...
ResponderEliminarQuererá contentar os mexicanos con material de primeira. Pois leva clara!
ResponderEliminara kbsa nn para!!!!!
ResponderEliminar