PADRóN 10K 2017
O frío e a choiva non foron
quen de impedir disfrutala carreira que o concello de Padrón nos brindou o
sábado pasado. Unha carreira con tódolos alicientes para o pleno goce dun 10K.
Boa compañía, bo ambiente e moita ansia por runnear. Os pretextos quedaran cos
cabardes na casa, alí só se respiraba ambiente deportivo con gañas de pasalo
ben. Que máis pedir…!
Con tal atractivo ata a
mesmísima choiva quixo facer acto de presenza, e non quedou outra que acostumarse
a ela, aínda que sendo sincero, despois do pistoletazo de saída pouco me importou,
non sei se foi pola apetencia de participar ou por estar no medio
do bullicio pero fíxose tan natural que case non me enterei que chovía nin
había charcos.
Sí, tamén había a opción de vir
para a casa co rabo entre as pernas e que a disfrutaran outros... De eso nada!
Choiva "sufrimento" e gañas de leria |
Pouco antes de cruzala liña de meta con Clemente o cal me acompañou toda a carreira sen importarlle o posto acadado. |
A satisfacción desta primeira carreira do 2017 foi total |
Comentarios
Publicar un comentario