Xa iba sendo hora que publicara un post relacionado coa gastronomía, os últimos foron o 22 de maio do 2016 e o 26 de decembro de 2015
Como cartalas patacas da tortilla e
Mesturanza culinaria respectivamente. Desta quero compartir con todos vos outra verdadeira exquisitez culinaria, se sodes de chicles de fresa, esta é a vosa tarta.
Para a súa elaboración utilizo un molde desmontable de 26cm de diametro con papel de forno.
Os ingredientes son:
- 500ml de nata para montar
- 500g queixo Philadelphia (2 tarrinas de 250g)
- 375ml de auga (vaso e medio)
- Un sobre e medio de xelatina Royal
- Unha cullerada sopeira ben abicada de margarina
- Dúas ducias de galletas
- Tres culleradas de azucre
- 50cm de papel de forno
Básicamente a elaboración desta receita consiste en botar a mezcla de xelatina, queixo e nata, encima dunha base feita de galleta, deixar arrefriar un chisco e rematar cunha capa de xelatina. Porteriormente meter no frigorífico un mínimo de 4 horas. Pasado este tempo xa vos podedes preparar para a chapatoria.
Cando algo se fai moitas veces, chega a resultar súper fácil a súa elaboración, o malo é cando un non está experimentado, para que esta pendiente sexa máis levadeira, aquí explico paso a paso como fago eu esta tarta de queixo con xelatina de fresa. Animo!
|
As galletas que utilizo son DIGESTIVE de marca branca do Gadis ou Eroski, uso estas porque teñen un toque de sal que me gusta, o cartón trae dous paquetes de trinta galletas cada un, gasto 24 para facer a base da tarta. Hai que desfacelas o máximo posible, labor que pode desempeñar a parella, aínda que se este/a se fai o/a longuis, sempre podes utilizar unha picadora, o rolo de estirar a masa da empanada, un morteiro ou simplemente calquer cousa que teñas pola casa, xa ti vas vendo!
|
|
Pon un recipiente ao lume cunha cullerada sopeira abicada de margarina |
|
Importante que o lume sexa baixo para que non burbulle a mantequilla (se fose nacesario retira) |
|
Cando a mantequilla esté toda disolta hai que mezclala coa galleta, remove ata conseguir unha mezcla homoxénea |
|
Para esta tarta é necesarío ter un molde desmontable de 26cm de diámetro como mínimo, pódese conseguir en calquer ferretería ou centro comercial. É preferible cubrir o fondo con papel de forno para non complicarse a vida á hora de desmontar para presentar |
|
Bótase ao molde a mezcla feita de galleta e mantequilla |
|
Cunha culler esténde a mezcla ata cubrir toda a superficie do molde, presiona para compactar. Acto seguido métese no frigorífico mínimo 15 minutos |
|
Nun recipiente pon a ferver un vaso de auga (250ml) Chegado ao punto de ebullición verte un sobre de xelatina, retira do fuego e remexe ata a completa disolución. Deixa enfriar.
Mentás tanto podes montar a nata. Para esta operación é aconsellable que tanto a nata como o recipiente estén ben fríos, engade as tres culleradas de azucre paulatinamente, non de súpeto |
|
Cando a xelatina esté morna hai que engadir o queixo e mezclar, podes utilizar un tenedor unha batidora etc. |
|
Xunta a mezcla de xelatina e queixo coa nata montada remexendo con soltura |
|
Incorpora a mezcla no molde |
|
Un meneo "suavecito" é suficiente para espallala. Acto seguido mete no frigorífico 15 ou 20 minutos como mínimo |
|
Mentras tanto pon ao lume un recipiente con 125ml de auga (1/2 vaso) chegado ao punto de ebullición verte medio sobre de xelatina, retira do lume e remexe ata a súa disolución, agarda a que esté morna e engadella á tarta. Mantén no frio ata ben pasadas catro horas. Bo proveito! |
Comentarios
Publicar un comentario