Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Albaroque

MANDOLINA NAPOLITANA (albaroque)

Imaxe
Mandolina napolitana MANFER Style Xa vai facer un ano, que con moita ilusión mercaba a madeira para construir esta mandolina napolitana, un proxecto ambicioso que levei con moito afán de principio a fin.  Tamén é verdade, que por mor á dichosa humidade ambiental que temos aquí no Barbanza, xa levo máis dun par de meses sen poder avanzar, pero co tempo marabilloso que tivemos a semana pasada, non quedaba outra que darlle caña a mazo, e así foi. Estou contento como un cuco, porque chegou o momento do albaroque,  todo saíu según o previsto,  con todo o que eso significa.  Quédome coa fascinante sensación de superar outro momento crucial.   Como a etiqueta ten que durar tanto como a mandolina, para a súa protección apliquei unha capa fina de cera acabado anticuario, desta forma non hai humidade nin bichoco que lle entre.  O mástil, zoque e caixa armónica, están feitos de arce rizado, a tapa armónica de abe...