MANDOLINA NAPOLITANA (albaroque)

Mandolina napolitana MANFER Style



Xa vai facer un ano, que con moita ilusión mercaba a madeira para construir esta mandolina napolitana, un proxecto ambicioso que levei con moito afán de principio a fin. Tamén é verdade, que por mor á dichosa humidade ambiental que temos aquí no Barbanza, xa levo máis dun par de meses sen poder avanzar, pero co tempo marabilloso que tivemos a semana pasada, non quedaba outra que darlle caña a mazo, e así foi. Estou contento como un cuco, porque chegou o momento do albaroque, todo saíu según o previsto, con todo o que eso significa. 
Quédome coa fascinante sensación de superar outro momento crucial. 











Como a etiqueta ten que durar tanto como a mandolina, para a súa protección apliquei unha capa fina de cera acabado anticuario, desta forma non hai humidade nin bichoco que lle entre. 





O mástil, zoque e caixa armónica, están feitos de arce rizado, a tapa armónica de abeto alemán, o diapasón, a roseta e o puente de ébano, a varetaxe está repartida entre abeto engelmann e arce, os zoquetillos son de cedro, a tapa da pala é de castaño galego, a cejuela e a selleta son de óso. Para o acabado utilicei tinte de nogal. A mandolina ten un largo de 692x276mm de ancho, un fondo de 176mm e un tiro de 358mm. 




Non quixen rematar o instrumento, sen utilizar algunha das nosas madeiras, polo que elixín, castaño galego (en cor natural) para a tapa da pala. Teño que dicir que foi todo un acerto, esas liñas escuras lonxitudinais, danlle á pala un toque de finura superior.



Tanto a cejuela como a selleta tamén son pezas de primeirísima calidade, feitas dun fémur de tenreira galega, as cordas son de aceiro anticorrosión 2X0´11, 2X0´15, 2X0´26, 2X0´40mm










Fóchedes moitos os que ao longo deste tempo, me preguntáchedes por ela, douvos as gracias pero non sen antes decirvos que no meu interior rebosaba de felicidade con tal oir, ata cando os máis incrédulos e remisos dician: “pero moito tardas en acabala!” xúrovos que era un auténtico pracer oir tales verbas. Gracias.




Para rematar, vou contar unha pequena historia que aconteceu a principio do século XX, entre a I Guerra Mundial e a Guerra Civil, daquela cando os galegos emigraban a Cuba para traballar de xornaleiros nas plantacións de azucre e tabaco. Todos foron fuxindo da fame, uns quedaron alá, outros viñeron, só uns poucos fixeron fortuna.
O baroñés Emilio Castaño foi un de tantos, este ademais da maleta con catro trapos, tamén levou consigo unha mandolina napolitana, si, unha moi parecida a esta que eu acabo de facer. O penoso foi que nada máis chegar a Habana, doulla a un terratenente a cambio dun sombreiro, un pantalón, un par de zapatos e dúas camisas. Traballou como un galego para recuperala, pero nunca máis supo dela.

Esta é unha das innumerables historias de instrumentos, que os emigrantes deixaron polo mundo adiante. Sementando cultura sen sabelo. 



Para os interesados en saber como é o son dunha mandolina napolitana MANFER Style, aquí deixo o enlace de Youtube. Que o disfrutedes!

Aquí vos deixo o que ven sendo, para mostra un botón. 


https://youtu.be/pxUsEWusbnY




Un saúdo.






Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)