Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2019

Cofre (parte 4) FIN

Imaxe
Con tódalas bromas, cheguei ao remate da obra. Tamén é certo que, o resultado daquel barullo de líñas tortas e mal feitas que tiña na cachola a primeiros de ano, teño que dicir que non ten nada que ver coa realidade. Os prototipos no aire é o que teñen! Pero aínda así, este cofre  apela á nostalxia, ben podía ser o que tiña o mariñeiro Billy Bones na pousada do almirante Benbow,  a que foi asaltada e  esnaquizada  polos piratas, buscando o mapa do temible capitán Jonathan Flint. Coas ferramentas electricas  é bastante doado  facer un tallado de "andar por casa", so fai falta imaxinación, tempo e poñerse. A marca de autor, nunca pode faltar, nesta ocasión ,  martillei  como un cosaco  uns cravos de ferro frío,  para  conseguir o fascinante toque medievo que tanto me gusta . Logo de aplicar a protección antitermitas e lixar o poro, chega o momento do tinte. A presenza de cor é fundamental tanto no tradic

MANDOLINA NAPOLITANA (albaroque)

Imaxe
Mandolina napolitana MANFER Style Xa vai facer un ano, que con moita ilusión mercaba a madeira para construir esta mandolina napolitana, un proxecto ambicioso que levei con moito afán de principio a fin.  Tamén é verdade, que por mor á dichosa humidade ambiental que temos aquí no Barbanza, xa levo máis dun par de meses sen poder avanzar, pero co tempo marabilloso que tivemos a semana pasada, non quedaba outra que darlle caña a mazo, e así foi. Estou contento como un cuco, porque chegou o momento do albaroque,  todo saíu según o previsto,  con todo o que eso significa.  Quédome coa fascinante sensación de superar outro momento crucial.   Como a etiqueta ten que durar tanto como a mandolina, para a súa protección apliquei unha capa fina de cera acabado anticuario, desta forma non hai humidade nin bichoco que lle entre.  O mástil, zoque e caixa armónica, están feitos de arce rizado, a tapa armónica de abeto alemán, o diapasón, a rose