Parece increíble pero xa van alá tres anos dende que me aventurei en isto de ser blogueiro. Eso sí, outro ano máis sen publicidade en Paparroda. Tamén teño que dicir que manter un blog é moito máis do que parece a simple vista. Esta afección rouba multitude de horas, traballando ideas e facendo anotacións para logo plasmarllas ao Señor Word. Preguntarédesvos por qué utilizo este procesador de Microsoft e non o propio de Blogger, pois sencillamente porque este paréceme un tanto mediocre, carece dun dicionario que ademáis de significados e poder elexir idioma, dispoña de sinónimos, antónimos, neoloxismos… etc. Sorpréndeme que a toda poderosa Google non dote a Blogger dunha ferramenta á altura das circunstancias, acorde á actualidade vamos! Un blog non só come tempo conformando o texto, tamén hai que traballar a ilustración, xa que son dos que pensa que unha ilustración é o complemento perfecto dun texto, o que diga o contrario, está moi equivocado. Algunhas veces (tod...