Terceiro aniversario

Parece increíble pero xa van alá tres anos dende que me aventurei en isto de ser blogueiro. Eso sí, outro ano máis sen publicidade en Paparroda. Tamén teño que dicir que manter un blog é moito máis do que parece a simple vista. Esta afección rouba multitude de horas, traballando ideas e facendo anotacións para logo plasmarllas ao Señor Word. Preguntarédesvos  por qué utilizo este procesador de Microsoft e non o propio de Blogger, pois sencillamente porque este paréceme un tanto mediocre, carece dun dicionario que ademáis de significados e poder elexir idioma,  dispoña de sinónimos, antónimos, neoloxismos… etc. Sorpréndeme que a toda poderosa Google non dote a Blogger dunha ferramenta á altura das circunstancias, acorde á actualidade vamos!

Un blog non só come tempo conformando o texto, tamén hai que traballar a ilustración, xa que son dos que pensa que unha ilustración é o complemento perfecto dun texto, o que diga o contrario, está moi equivocado. Algunhas veces (todas elas por escasez de tempo); limítome a buscar algunha imaxe na web, para tal efecto, pero sempre que poida arréglomas entre Photoshop e Corel, para compoñer algo que verdadeiramente me guste, que transmita seguridade, poderío.

Pero detrás de todo esto, hai algo máis que traballo, hai moita ilusión, e cousas bonitas, algo fascinante, ese algo sodes vos, que coas   visitas formades parte desta enorme experiencia, que me anima a seguir coa mesma ilusión e disfrute do primeiro día. Gracias.

Expresar ideas sabendo que alguén invertirá tempo lendo o que escribes, non ten prezo.

Gracias a tódalas visitas e comentarios, aínda que algúns destes sexan anónimos.



Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)