Empuxe cenital
Ben certo é que
despois da tormenta chega a calma. De seguro que hoxe todos estamos algo resacosos,
logo de celebrar a entrada do ano novo. Fartos de serpentinas, tradicións e enchentas, como se nunca víramos comida nin bebida. Hoxe é un día deses de rúa calada, a cantina
de Alfredo pechada, a de Nicanor coa porta arrimada... Non ladran cans nin
rebulen paxaros, todos con algún remedio caseiro ou un impulso de enerxía
ibuprofénica, sacuden o aturdimento cenital de tanto trote.
Neste post ben podía
falar da gripallada, da festa do marisco, dunha despedida de solteiro (selectiva),
ou dos pementos de Herbón, pero vouno aproveitar para saudar a todos os que por
aquí pasades. Sen a vosa presenza, Paparroda carecería de sentido.
As visitas son
como as estrelas, normalmente non se fala con elas, pero sabemos que están aí.
Gracias!
Comentarios
Publicar un comentario