ArtePap

Non hai mal que por ben non veña” é un refrán que non sempre se cumpre, pero está aí. Con este frío que está caendo, con sair da casa para ir a traballar xa bo é, despois calquera sae dela! Eu levo uns días dándolle voltas a cabeza e de momento o resultado gústame, non é moito máis que unha barullada de ideas, pero véxolles futuro. 
Decidín facelo público e compartilo neste medio por se algún interesado quer seguir os pasos do proceso, colgarei e comentarei imaxes según vaia evolucionando a obra.

Un saúdo.


03-03-2017
Obra rematada














22-02-2017


17-02-2017

Seguindo tradicións e legados, os artesáns forman parte do folclore dun lugar, eu a esta peza única no mundo quero facerlle unha talla dun debuxo Celta que sempre me gustou, seguindo deste xeito os pasos que os meus ancestros celtas iniciaron alá polo ano 400 a.C. Agora que me documentei e coñezo o seu significado aínda me gusta máis.


15-02-2017
Un ferrancho máis, outra peza que xa está prácticamente lista. O obxecto deste trebello non é decorativo, senón puramente funcional, non é unha aldraba nin un ferrollo nin tampouco unha tarabelo nin unha martadela, é un dispositivo antipeche. 


08-02-2017

Xa teño aquí un bonito xogo de pezas de articulación, unhas bisagras de forxa co seu inseparable compañeiro Fe2O3  Se os antepasados se enteran que merquei uns gonzos enferruxados podendo ser de aceiro inoxidable (con garantía de por vida); non me quedaba nada que oir… Comeríanme a moral! Daquela cando todo era de ferro dulce, unha peza de aceiro era tan valiosa e apreciada como a auga no mes de maio, o seu valor era incalculable, agora que a fartura de aceiro tampouco se calcula, fago regresar este material para que dun modo elegante reviva o seu glorioso pasado.
05-02-2017
Outro menbro que se caracteriza pola súa complicación esencial para conformar o equipo, unha dobre peza con aire rocambolesco que ademáis de gardar similitude cun peón, desempeñará metafóricamente as funcións deste, xa que pretende ser unha especie de agarrador para facilitar o seu desplazamento.

27-01-2017
Hoxe en día un palanqueo, un ataque violento ou simplemente o método bumping, son máis que suficiente para escarallar por completo a mellor pechadura, pero daquela (no medievo) non se coñecía tal cousa, polo tanto un simple adobío era máis que suficiente para intimidar a calquer ladrón de pacotilla, aínda que non faltaba o típico listillo de turno, moi habilidoso por certo, que pasaba a cerradura polo forro escrotal aparecendo de súpeto na alcoba da princesa. Igual que na actualidade.

A pesar do estado de abandono e ruinas no que se atopan a inmensa maioría dos castelos, hai elementos que aínda facendo fogueiras de San Xoán, perduran co seu legado.

Para a creación desta peza, inspireime na forxa que se empregaba na decoración das portas dos castelos tras a reconquista, na Idade Media. Escudo acorazado, escudo protector, escudo de seguridade ou simplemente adorno da cerradura. Todo depende da pompa que un lle queira dar.

25-01-2017
Xa teño algún boceto e o primeiro acopio de material, un cacho de metal dourado, outro tanto enferruxado, catro clavos e moita ilusión. A ver o que sae de aí!


Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)