MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

Debido a que o último proxecto "Aprendiz de lutier", resultou ser unha paixón rotunda, decidín non abandoar ese estado de atracción e entusiasmo, seguindo coa lutería de andar por casa e dar comezo a outra obra de calibre análogo. Vou construir unha Mandolina napolitana, se che interesa o tema, aquí me tes. Publicarei nesta sección do blog a evolución da obra, tamén o farei na páxina MANFER Style de Facebook
Que o disfrutes!




Para curvar a madeira previamente húmida, utilizo este artiluxio caseiro de alto standing, consiste nun soplete que proxecta lume nun tubo metálico co fin de quentalo







A madeira do varetaxe, aros e mástil optei porque forse de arce, unha madeira pouco usual na comarca do Barbanza, pero Madeiras Caype de Frións, sorpréndeme coas mellores pezas. 
As veces a riqueza está ao lado da casa, e nós buscando polo mundo adiante sen sabelo!









Encolando o aro guía no mástil, tendo en conta deixar libre os 3mm para a tapa armónica, este detalle apréciase 3 fotos máis abaixo





Dándolle voltas a cabeza coa confección dos aros, chegado a este punto da partida, digo claramente que empeza a festa e con ela a complexidade, xa que esto de unir costillarmente os aros formando unha figura regular (que non quede feito un churro vamos!) para min ten o seu aquel.













Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)