Aprendiz de lutier - fase 15 (FIN)
A principios de xaneiro publicaba un post anunciando que ía construir unha mandolina, o cal remataba con este párrafo: “Está visto que entre tanta parsimonia arrombada, hai xente para todo, dende os que ven a rapaza do exorcista a plena luz do día, ata os que reviran as orellas como as moscas de Capirote, pasando polos que da noite para a mañá, lles da por construir mandolinas. Éche boa verdade que aínda sen saber moi ben a que sabor atribuilo, este mundo non está máis que para comelo.”
Con moita ilusión e compromiso, baixo o título “Aprendiz de lutier” fun publicando paso a paso a evolución da obra. Hoxe, medio ano despois, chegoulle o seu San Martiño. Quero saudar e dar as gracias a todos os que seguíchedes as publicacións e tamén un saúdo especial para os que non creron en min (familiares, veciños e compañeiros de traballo). Xa sei que non é o máis normal que alguén cercano faga mandolinas, eso sempre ocorre noutros lados, pero como ben dixen no post de presentación, o mundo está para comelo, tanto vivindo aquí no Barbanza, como en Estepona ou Leganés.
Aquí vos deixo o enlace a Youtube para que poidades escoitar o son da primeira mandolina MANFRE Style. Que o disfrutedes!
Gracias a todos os que me acompañaron neste proxecto
Comentarios
Publicar un comentario