Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2019

Soleira Manfer Style

Imaxe
A soleira da guitarra Teño que dicir que os resultados acadados nos últimos traballos de lutería (dúas mandolinas, unha folk  e outra napolitana ) son máis que satisfactorios, tal é así, que estou contento como un cuco cos ánimos a escachar, pero non podo estar quietiño... Xa me metín de cheo noutro proxecto, nin máis nin menos que a construcción dunha guitarra MANFER Style , penso que xa estou enganchado a esta fermosa arte, esto xa non ten cura nin volta atrás...!   Eso sí, teño os conceptos moi claros, non pretendo ser un físico acústico, nin un lutier de Cremona, pero tampouco quero dar a imaxe dun  perralleiro  guitarreiro estándar, todo o contrario,  cos meus instrumentos  pretendo marcar a diferenza, así de claro! O da lutería é por verdadeiro pracer, polo que me permite certo grao de liberdade para experimentar, chamémoslle física creativa. Naturalmente, son consciente de que os fracasos tamén teño que roelos. Pero bueno... A fogueira de San Xoán, préstase para tod