Soleira Manfer Style
A soleira da guitarra
Teño que dicir que os resultados acadados nos últimos traballos de lutería (dúas mandolinas, unha folk e outra napolitana) son máis que satisfactorios, tal é así, que estou contento como un cuco cos ánimos a escachar, pero non podo estar quietiño... Xa me metín de cheo noutro proxecto, nin máis nin menos que a construcción dunha guitarra MANFER Style, penso que xa estou enganchado a esta fermosa arte, esto xa non ten cura nin volta atrás...!

Eso sí, teño os conceptos moi claros, non pretendo ser un físico acústico, nin un lutier de Cremona, pero tampouco quero dar a imaxe dun perralleiro guitarreiro estándar, todo o contrario, cos meus instrumentos pretendo marcar a diferenza, así de claro! O da lutería é por verdadeiro pracer, polo que me permite certo grao de liberdade para experimentar, chamémoslle física creativa.
Naturalmente, son consciente de que os fracasos tamén teño que roelos. Pero bueno... A fogueira de San Xoán, préstase para todo o relacionado coa madeira. Unha fogueira con ascuas de cedro, ébano e palisandro non se ve tódolos días... Vaia caché!
Para a construcción dunha guitarra, é case imprescindible dispor dunha soleira guitarreira, esta é a base que se utiliza para o ensamble, consta dun soporte cun certo abombamento para conseguir a curvatura necesaria da tapa armónica, este abombado (efecto bóveda) cada lutier dalle o seu, os valores, estes andan arredor dos 6000mm de radio. A importancia da soleira é crucial para conseguir un bo resultado final, porque no son dunha guitarra todo inflúe, todo é determinante de principio a fin, a soleira, as madeiras, os espesores destas, a forma dos aros, o arqueado da tapa armónica e claro está, as mans do artesán tamén teñen moito que ver no asunto, polo que teño que procurar ser cauteloso, fino e preciso dende o principio.
A construcción da soleira foi o que me entretivo estes días, dedicándolle tempo experimentación e traballo.
Estou contento.
Aquí vos deixo imaxes do proceso.
Que o disfrutedes!
Comentarios
Publicar un comentario