Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2020

Cousas incomparables

Imaxe
Isto é para os que queren algo máis que ver un vídeo de lutería, aínda que sexa lutería da boa, unha mostra de que non todo é made in china, aquí no Barbanza tamén se leva o made in feito na casa.  Quero comentar algo que certo día un bo compañeiro me dixo, referente ao proxecto da guitarra MANFER Style. As súas palabras foron: “ Como non compras a guitarra ?” Se supera que mercar unha guitarra e facer unha guitarra son praceres tan e tan distintos que non se parecen en nada, non abriría a boca. Eso é como comparar un bocadillo de chocolate con ter unha moza ben guapa, son cousas incomparables, algo similar é o que pasa con facer ou mercar unha guitarra.  Este mundillo da lutería engancha, así como engancha a fotografía, o running, o terraceo, o ciclismo, o padel, ou calquera outra afección que un poida ter. Dende que un se mete, é difícil dar marcha atrás, primeiro porque as posibilidades de aprender son infinitas, internet neste aspecto puxo as cousas en bandexa, e por outr

O murmurio de Agramonte - quinta parte

Imaxe
Para os lectores que descoñecedes a trama de O murmurio de Agramonte , podedes acceder á primeira parte pinchando AQUÍ.   Iso si, quero que tanto os noveis como os veteranos, gocedes ao máximo deste relato.  A disfrutalo! O murmurio de Agramonte - quinta parte …Plum, plum, plum, cataplum, plum, plum…  Un tras outro, os estrondos retumbaban nas paredes do sobrado.  Un día antes… Aquela sobremesa de baralla, licor café, biscachón, cánticos e palabrería, prolongouse máis alá do esperado. Así seguiron, ata que ben entrada a noite se deron conta de que as cartas estaban marcadas, que por mor a chegar ás mans, decidiron parala partida. Momento no que  Mortorius (coa disculpa de que ao día seguinte tiña cousas que facer) marchou a durmir.  Eu quero pensar que tamén foi porque Abeliño xa empezaba a pórse un chisco agresivo.  Polo que os tres baroñeses alí quedaron sós, falando do plan do día seguinte, da roupa e das rarezas do Ferreiro. Tamén se preguntaban se m