Cousas incomparables

Isto é para os que queren algo máis que ver un vídeo de lutería, aínda que sexa lutería da boa, unha mostra de que non todo é made in china, aquí no Barbanza tamén se leva o made in feito na casa. 
Quero comentar algo que certo día un bo compañeiro me dixo, referente ao proxecto da guitarra MANFER Style. As súas palabras foron: “Como non compras a guitarra?”

Se supera que mercar unha guitarra e facer unha guitarra son praceres tan e tan distintos que non se parecen en nada, non abriría a boca. Eso é como comparar un bocadillo de chocolate con ter unha moza ben guapa, son cousas incomparables, algo similar é o que pasa con facer ou mercar unha guitarra. 
Este mundillo da lutería engancha, así como engancha a fotografía, o running, o terraceo, o ciclismo, o padel, ou calquera outra afección que un poida ter. Dende que un se mete, é difícil dar marcha atrás, primeiro porque as posibilidades de aprender son infinitas, internet neste aspecto puxo as cousas en bandexa, e por outro lado a motivación de cando alguén me pregunta por os proxectos que teño na web, é total, ben sexa preguntando por o blog Paparroda ou por a canle de Youtube de MANFER Style, o pracer é inmenso. 
Son consciente de que tanto un como o outro me comen horas a dios dar, pero por o que me chiflan, valen moito a pena. Aínda que sexades poucos os que me seguides, recoñezo que sodes fieles ao máximo. Moitas gracias!








Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)