Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2020

A conclusión da presenza enmascarada

Imaxe
Este post dedícollo a todos os compañeiros de traballo, que por sorte ou desgracia non teñen a opción de poder teletraballar. Hai traballos que por moito que un se empeñe, non se poden facer na casa, sentado no sofá comendo pipas. Quen puidera cumplir desa maneira, coas cargas laborais asignadas …! Para os que non temos o pracer de comer pipas mentras curramos, non nos queda outra que acudir ao traballo baixo certas condicións protocolarias, e sempre coa guía das boas prácticas aprendida, claro está. Aínda así, é ben certo que rolda a intranquilidade, porque o que menos desexamos é ser contaxiados, de aí toda a parafernalia de evitar aglomeracións, manter a distancia de seguridade, usar geles desinfectantes, guantes e mascarillas. Aí é xustamente a onde quería chegar, porque a mascarilla é a causante desta dedicatoria, Prepárate! Antes de seguir, quero deixar claro que esta narración non pretende ser outra cousa máis que unha gota de humor nun momento delicado, simplemente