A conclusión da presenza enmascarada
Este post dedícollo a todos os compañeiros de traballo, que por sorte ou desgracia non teñen a opción de poder teletraballar. Hai traballos que por moito que un se empeñe, non se poden facer na casa, sentado no sofá comendo pipas. Quen puidera cumplir desa maneira, coas cargas laborais asignadas …!
Para os que non temos o pracer de comer pipas mentras curramos, non nos queda outra que acudir ao traballo baixo certas condicións protocolarias, e sempre coa guía das boas prácticas aprendida, claro está. Aínda así, é ben certo que rolda a intranquilidade, porque o que menos desexamos é ser contaxiados, de aí toda a parafernalia de evitar aglomeracións, manter a distancia de seguridade, usar geles desinfectantes, guantes e mascarillas. Aí é xustamente a onde quería chegar, porque a mascarilla é a causante desta dedicatoria, Prepárate!
Antes de seguir, quero deixar claro que esta narración non pretende ser outra cousa máis que unha gota de humor nun momento delicado, simplemente porque a mascarilla fai resaltar os ollos, e sendo sincero, son moitos os que vexo verdes, azuis, negros e acastañados en miradas tristes. Causa de peso que me levou a escribir este relato.
Non me refiro á máscarilla dende o punto de vista de que a usamos diariamente no traballo, poñendo en perigo a nosa saúde, cando o resto do planeta está en corentena resgardado na casiña, que vaaa! Deso xa falan outros. Refírome a algo moito máis subxetivo, como é a fasquía que impón a mascarilla en cada rostro, porque cada cara é un mundo. Todas son de diferentes formas e tamaños: ovaladas, cuadradas, redondas, exagonais e ata as hai que delimitan un “perfecto” pentágono irregular, que xa é dicir… Este feito fíxome fantasear ata o punto de suscitar a creación de personaxes humanizados, o que se coñece como superheroes, como poden ser: Batman, Superman, Wonder woman, Conan, Aquaman, Hulk ou a bruxa Escarlata, por poñer algún exemplo. Tamén hai quen me recorda aos soldados do desembarco do día D, meus pobres, e tamén aos cabaleiros templarios.
“Non nobis, Domine, non nobis. Sed Nomini Tuo Da Gloriam”
“Non a nós, Señor, non a nós. Se non ao teu nome sexa dada a gloria”
Cada un que entenda o que queira!
Tamén teño que dicir que para crear a heroína dalgunha fémina, tranquilamente podo prescindir da información da súa mascarilla, xa que polo pantalón axustado que levan, ben poden pasar por Catwoman. Polo contrario, hainas que ata con zapatóns resultan elegantes.
Que sorprendente é a Muller…
De ben pensado, como son as cousas… Non hai mal que por ben non veña. Con esto de ter que usar mascarilla, ata os feos están de sorte, porque ademáis de ocultar os sentimentos, agachan os rasgos faciais máis difíciles, ben sexan beizos de maragota, dentes de rata ou narices aguileñas. Todos eles andan tan contentos co conto da mascarilla como se lles tocara a lotería.
Bromas aparte! En realidade, agora mesmo todos entramos no mesmo saco. Da igual ser alto ou baixo, guapo ou feo, o sexo, os valores, a educación, se de pequeno che pegou teu pai, ou simplemente se eres un tatuado empedernido. Da igual o poder que teña cada un, xa que neste momento todos debemos pór a dichosa mascarilla. Aínda con ela, ninguén consegue pasar desapercibido, xa que por moita máscara que un poña, todos nos coñecemos e o perfil da anatomía faciana de cada un é moi difícil de agachar e moito menos agachar as formas. Paradóxicamente, pódese dicir que neste momento amosamos o noso lado máis natural.
Outro punto a ter en conta é o poder potencial que revelamos co noso comportamento, determinando de maneira precisa e contundente a identidade dun novo superheroe. Aparte de ter en conta o factor estético da mascarilla, como pode ser a forma de poñela: de medio lado, subida, coa nariz fóra ou retorcida; tamén resulta crucial a forma en que mira e actúa o personaxe baixo tal atuendo.
Vexo que me enrollei un pouco! Resumindo, con esto quero dicir que para a creación dun superheroe valórase a maneira de levala, a forma de actuar e a mirada. Estes son os tres elementos esenciais, polo que cada personaxe, sen sabelo, está configurando o seu propio perfil heroico, para o goce total de quen poida disfrutalo.
Que teñades moi bo día!
Comentarios
Publicar un comentario