Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Trovador

Aprendiz de lutier

Imaxe
“Muller con mandolina” de Pablo Picasso  Parece raro, pero  moitas veces  as carambolas da vida, levan a que tropecemos de cheo co que nos gusta. Descubrir un grupo musical que nunca escoitamos, atopar un niño de carrizo entre o panasco dun muro, sentir que foi un día de estudio productivo ou simplemente avistar o reflexo labrado dunha estrela fugaz. Só hai que estar no lugar adecuado no momento preciso, e voilà...! O propósito deste post é informarvos a todos os seguidores de Paparroda de que no blog hai unha  nova  sección chamada Lutier , unha fusión de palabrería, fotografía e olor a madeira, xa que vou construir unha mandolina e publicar paso a paso a súa evolución. Agardo que vos guste. A atención inusual que prestei en aninovo á orquestra  Filarmónica de Viena , espertou en min, unha ansia que levaba tempo mergullando nos meus pensamentos.  Agora, só queda xogar as cartas e consagrarme como un verdadeiro  artesán . Con este ...