Aprendiz de lutier

“Muller con mandolina” de Pablo Picasso 
Parece raro, pero moitas veces as carambolas da vida, levan a que tropecemos de cheo co que nos gusta. Descubrir un grupo musical que nunca escoitamos, atopar un niño de carrizo entre o panasco dun muro, sentir que foi un día de estudio productivo ou simplemente avistar o reflexo labrado dunha estrela fugaz. Só hai que estar no lugar adecuado no momento preciso, e voilà...!

O propósito deste post é informarvos a todos os seguidores de Paparroda de que no blog hai unha nova sección chamada Lutier, unha fusión de palabrería, fotografía e olor a madeira, xa que vou construir unha mandolina e publicar paso a paso a súa evolución. Agardo que vos guste.

A atención inusual que prestei en aninovo á orquestra Filarmónica de Viena, espertou en min, unha ansia que levaba tempo mergullando nos meus pensamentos. Agora, só queda xogar as cartas e consagrarme como un verdadeiro artesán. Con este proxecto, non teño nada que perder e moito que gañar, sobre todo no referente á satisfación persoal. Neste momento véxome sobradamente motivado para asumir o reto de construir (sen medo a fracasar) un instrumento musical de corda. Diredes, a onde vas lobo...? Só teño que decir que nunca se conseguiu nada sen intentalo. Tamén é certo que non teño moita idea de por onde agarrar o porco, pero sí moitas gañas, e un par de compañeiros "de lo glass" aos que recurrir, Google e YouTube, chapóns a dios dar! Coa súa axuda, coido levar a bo porto o dito de: “Poder é querer”.

A decisión de construir unha mandolina, é porque sempre foi un instrumento que me chamou a atención, non sei se pola forma que ten de améndoa, ou polo son que emite cando se trina, xa que calquera das dúas cousas me enche. A este instrumento de catro cordas dobres de procedencia italiana, xa os trovadores na Idade Media lle quitaron as magas canto quixeron, pero non só eles, tamén grandes compositores como Mozart e Vivaldi non quixeron ser menos, algunha peza para mandolina compuxeron por aí. Curiosamente a mandolina a pesar de estar moi extendida polo mundo adiante, entre nós segue sendo unha perfecta descoñecida, na actualidade hai tres variantes a ter en conta: napolitanafolk e bluegrass. Eu farei un remexido de todas elas, porque aínda non é momento de crear estilo propio, pero eso sí, quero facervos partícipes desta ansia desmedida que teño no corpo dende principios de ano. Tódolos pasos do proxecto, os vou publicar en "Lutierilustrando as entradas do tema, con esta fermosa imaxe do cadro “Muller con mandolina” de Pablo Picasso. Agárdovos! 

Está visto que entre tanta parsimonia arrombada, hai xente para todo, dende os que ven a rapaza do exorcista a plena luz do día, ata os que reviran as orellas como as moscas de Capirote, pasando polos que da noite para a mañá, lles da por construir mandolinas. Éche boa verdade que aínda sen saber moi ben a que sabor atribuilo, este mundo non está máis que para comelo.

Que o disfrutedes!

Se queres seguir o proceso, pincha AQUÍ






Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)