Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Mojón

O Campo das Mouteiras (parte I)

Imaxe
Campo das Mouteiras primeira parte Debido á riqueza lingüística do Galego, coido oportuno utilizar neste relato as distintas formas que os do Barbanza temos para denominar a unha pedra cravada no chan (como se fose un menhir, pero en miniatura) ben sexa para sinalar os lindes dun terreo, os nomes dos lugares, como indicador de distancias quilométricas ou mesmamente como monumento conmemorativo, para que algo ou alguén sexa recordado. Polo tanto, neste post utilizarei os distintos sinónimos: Marco, fito, mouteira e tamén un castelanismo moi arraigado na comarca, como é mojón. A historia que vou contar, aconteciu durante un periodo de tempo moi extenso, dende pouco despois da caída do Imperio Romano (tomando como referencia o século V d.C.) ata prácticamente a actualidade, xa que remata a medeados do século XX (que foi onte). Non se sabe se a causa de tal cese foi debido á evolución da especie, á chegada da televisión ou unha total complementación de ámbolas dúas. Aínda que...