Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2014

Adrenalina acompasada

Imaxe
Eran as cinco da mañá cando espertei ca mente apuntando un destino: PADRÓN, volta para aquí, volta para alá,  e xa non volvín quedar a durmir, máis que nada  imaxinándome a textura que tería a pócima que me agardaba na neveira (Isto dos cursos de nutrición é o que teñen). Parece ser, que antes de facer deporte, non se deben tomar lácteos, (o paisaniño deixounos ca boca aberta a todos) eso de tomar o ioguriño mailo leite con colacao e galletas “Fontaneda” nanai de la china, eso vaise a acabar. Ahhhh!!! E ollo coa leite de soja aqueles que temos  pilindrín; e mellor deixarllo pa elas, para as féminas. Pasado un bo par de horas, levanteime todo cheo de razón, e despois de mil casos repetidos, collín a “Place for One” e tira millas, eso sí...;  acompañado dun vento jodón boa parte do  traxecto, en contra para alá e en contra para acá, ainda que coa dosis de adrenalina acompasada que levaba, nin puto caso. A estancia en Terras de Iria, foi xustamente a precisa, sin rollos patateiros nin fin

Xunta vós

Imaxe
Hoxe, medio chovendo como estaba, fun hasta A Curota. Un dato curioso foi que desde abaixo A Curota estaba chea de nubes e ó chegar ó cumio estaban todas abaixo xunta vós, alí como si nada, todo despexado. Na subida había zonas de néboa, que por certo, parei para facerlle unha foto a un cabalo. Vendo a foto penso que non hai que ser moi avispado para darse conta de que ao animal lle falta algún dente. Penso que sobran palabras   Moito non chovía pero mollaba Caramechas na Curota viven a vida loca Quen dixo equilibrio??? Foto tomada no cruceiro de Moldes Santuario de Moldes

Altos de Crimea

Imaxe
Adana, domingo 27 de agosto de 1989. A historia vólveuse a repetir. Argus, un xoven de orixe descoñecida, ainda que pola fasquía que este “jicho” presentaba: alto, pel sonrosada, naríz recta, cabelos e ollos claros; ben podía ser escandinavo ou de por alí ó lado. Xa ben entrada a noite do sábado cando en Sivas (unha cidade situada ó Noreste do país) embarcou en un TCDD (tren de largos percorridos, que da cobertura a toda Turquía) con destino Antalya. Como únicos acompañantes de cabina, ían a súa inseparable mochila, raída con lazos de cores esquecidas, e un señor   todo ataviado de pes a cabeza, con aqueles ornamentos cheos de brilantes traslúcidos, e costuras   entrelazadas (mismamente o demo personificado de gala), onde se deixaba entrever unha especie de libro. O tal señoriño figuraba ser mediador entre Deus e os seus creentes (un chiflado de eses que andan soltos por ahí, …penso que xa tiña máis dun par de porros a bordo), pasouse todo o traxecto leendo o libro; e vaia

Chocolatrufao

Imaxe
…O día de hoxe, fíxome recordar a “Popeye” logo dunha boa enchenta de espinacas, que despois do trance dunha longa semana noctambular, chea de ollos encartuchados, cansinos e trasnoitados (que gracias a deus, xa é algo planchado) e sempre ó marxe dun exemplar desexo, daquela cantidade inxente e insaciable pecadora; unha sarta de misturas de sabores orixinais e ibéricos con palmeras caramelizadas e cuadraditos estuchados finamente entrufados. Fora cánticos fúnebres e enchentas afrutadas, chegou o momento de decirlle ó susodicho achocolatado ou máis ben “O chocolatrufao” cantas son tres; e con unha boa compañía como a de hoxe, hasta un duro camino son flores, tiven a gran sorte de sair acompañado do Sr. Fran Blanco Ansoar. Mereceu a pena sufrir o indecible subindo hasta casi alcanzar unha altitude de 600m. (para que vos fagades unha idea, como diría un de Arzua, eso está alá pasando o quinto pino) e como todo que sube... ainda que non se queira, baixa; pois a baixada hasta Noia fo