Ben claro está que por moitos plans que un faga, o resultado
será o que sexa.
Sería mentira decir que non había “super plan” para este
sábado, xa onte a tardiña quedara todo ben recollido, sen deixar nada para o
coñecido “sobre a marcha”. Tiña un plan ambicioso e moi traballado. A idea era
saír as 08:00 para chegar a Illa de Arousa á media mañá, comer o bocadillo e
algún Donete que no transcurso da ida quedara sen papar, facerlle algún retrato
a “Place for One” e voltar para comer ó mediodía na casiña. Como ben diría
aquel primo de Las Navas del Marqués, “...un plan macanudo” pero por motivos
alleos á miña vontade, foi imposible consumar tal gustazo ata chegado o día de
hoxe. Tamén teño que engadir que onte sería un verdadeiro fiasco si non fose
por ese solemne remate, practicando running por Coroso co Sr. Clemente
Ferreirós.
Non todos os días se levanta un as 07:30 (un auténtico
madrugón domingueiro) para preparar unha deliciosa milanesa con pementos de piquillo,
para o bocadillo da media mañá. Seguindo este ritmo de jaladura, terei que ir
pensando en mercar unha mochila tupperware, como dirían en Torrelodones, unha “Mochitupper”®.
Pódovos asegurar que o madrugón mereceu a pena, xa que o momento “bocata” foi unha
explosión de boas sensacións. Non era para menos, xa que as fermosas vistas que
brindaba hoxe a Illa, con ese reflexo dun sol radiante nun mar como un plato
eran espectaculares, acompañadas dun muelle cheo de bateeiros alertados e ó
mesmo tempo sosegados, que parecían estar agardando a relevante e sublime visita
de “Paparroda”.
|
Aguiño, Illa de Arousa, Aguiño. 137 Km de placer |
|
Adios frío, adios choiva, adios pelos das miñas pernas, non sei cando nos veremos. |
|
A "Place for One" no peirao da Illa de Arousa |
|
Hoxe a repostaxe tocoulle a volta en Boiro |
Comentarios
Publicar un comentario