Catro días de sol

Con tan só dar pola comarca unha voltiña rápida como a miña de hoxe, é máis que suficiente para percatarse do que pode dar de si Lorenzo cando está contento, e se non, que llo digan ás mulleres, con ese desparpaxo habilidoso que impoñen con só catro días de sol. Cacho exhibición de escotes, pernas e cinturas; curvas insinuosas, típicas de calqueira tardiña de agosto nas terrazas de Beiramar… por exemplo!  Está visto que as féminas co bo tempo hai que deixalas, porque a transformación é total, pero non sin antes aclarar que este verán non vai ser un verán calquera, noooo!!! este vai ser o verán dos selfies. Basta cuns días de sol para activar ese mostrador de sonrisa Profiden, non escondas tu pelo que Rexona no te abandona e si Red Bull te da alas, Ariel te da más. Selfie para aquí, selfie para alá e as máis botadas para diante (que habelas hainas) hasta se atreverán con algún que outro #AfterSEX. Quen dixo que non? Vou parar aquí porque o de #HairAfterSex xa me parece algo ridículo. Eu pregúntome quen lle dixo ás mulleres que despois dun consumado linaxe implícito, lles queda a melena para tal evento.

Ben sabido está que ainda non estamos en agosto, nin eu son muller, nin teño melena, pero tampouco quero ser menos. Eu tamén quero o meu selfie!!!. De momento voulle chamar autorretrato ainda que resulte algo fora de época.
Un saúdo a todos/as seguidores de Paparroda.

"Place for One" no Faro de Corrubedo


Muelle comercial da Puebla do Caramiñal





Praia de Areasecada

Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)