Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2018

Aprendiz de lutier - fase 14

Imaxe
Este post dedicoo por completo a construcción do puente, cejuela, selleta e pala coa transferencia da miña marca persoal, MANFER Style na súa parte frontal superior, marcando estilo Gibson ou The Loar. O puente é de ébano e tanto a cejuela como a selleta son feitos dunha exaustiva selección de óso de pura tenreira galega. Pódese dicir que estas pezas son de luxo, ósos de fémur de tenreira galega, coa porosidade exacta e os tratamentos oportunos (según videos de youtube) para que sirvan de materia prima para a construcción da selleta e cejuela (a cama das cordas). Como de costume o logo por encima de todo, para esta ocasión estreo a marca persoal MANFER Style. Utilicei Gel Transfer para fixala, acadando un resultado verdadeiramente satisfactorio. IR AO SEGUINTE POST IR AO ANTERIOR POST IR A LUTIER IR AO INICIO

Aprendiz de lutier - fase 13

Imaxe
Aí vai unha de trastes! Traste é unha palabra que dependendo do contexto, o seu significado, non sei ti, pero a min resúltame curioso. Traste pode ser unha persoa que estorba, amiga de enredar, de facer trasnadas ou falcatruadas, tamén pode ser calquer moble, utensilio ou persoa que non vale nin para rascalo cu, isto non só o digo eu, tamén o di ( con outras palabras)  a señorita RAG, o que si só digo eu, é que aínda que o mundo esté cheo de trastes, neste post non vou falar dos dese tipo, vou falar de trastes, sí! pero desas tiras finas de metal, alpaca, niquel ou bronce  incrustadas no diapasón para dividilo en semitonos. Esto é o que ven sendo o típico exemplo de: "La esquese me del la puntillé"  A pesar de non valer nin para rascala, a min déronme ben de traballo poñelos todos á mesma altura. Parece fácil pero de eso non ten nada. Estoume referindo á colocación de trastes. A maior parte dos instrumentos de corda, salvo nos de corda frotada: Violín, viola, violonche