Aprendiz de lutier - fase 13
Aí vai unha de trastes!
Traste é unha palabra que dependendo do contexto, o seu significado, non sei ti, pero a min resúltame curioso. Traste pode ser unha persoa que estorba, amiga de enredar, de facer trasnadas ou falcatruadas, tamén pode ser calquer moble, utensilio ou persoa que non vale nin para rascalo cu, isto non só o digo eu, tamén o di (con outras palabras) a señorita RAG, o que si só digo eu, é que aínda que o mundo esté cheo de trastes, neste post non vou falar dos dese tipo, vou falar de trastes, sí! pero desas tiras finas de metal, alpaca, niquel ou bronce incrustadas no diapasón para dividilo en semitonos. Esto é o que ven sendo o típico exemplo de: "La esquese me del la puntillé" A pesar de non valer nin para rascala, a min déronme ben de traballo poñelos todos á mesma altura. Parece fácil pero de eso non ten nada. Estoume referindo á colocación de trastes.
A maior parte dos instrumentos de corda, salvo nos de corda frotada: Violín, viola, violonchelo, contrabaixo e algún que outro máis por aí, como para acordarse de todos...! O resto (os de corda pulsada) todos levan trastes.
Referente aos de corda frotada, recoñezo que hai un que realmente me chifla, ese é o contrabaixo. Cando sexa grande quero saber tocalo, sempre foi a miña ilusión, aínda que sorprendentemente no fondo, a música nunca me chamou, pero si o mundo da lutería no que decidín meterme de cheo co proxecto "Aprendiz de lutier" e facer unha mandolina, nunca fun de música, pero cada día gústame máis escoitala. Admiro a todos ese nenos, que se codean con algún instrumento, ben sexa gaita, clarinete, guitarra, tambor, acordeón ou piano, alégrome! Bravo por eles! Tamén recoñezo que se eu de crío, vivira ao lado de medio conservatorio, posiblemente hoxe, quero pensar que sería un portento tocando o contrabaixo, ou non! Quen sabe...
Fai xustamente medio ano (a principios do 2018) abría unha nova sección no blog, chamada LUTIER adicada exclusivamente á lutería, publicaba o primeiro post dicindo esto: "Parece raro, pero moitas veces as carambolas da vida, levan a que tropecemos de cheo co que nos gusta. Descubrir un grupo musical que nunca escoitamos, atopar un niño de carrizo entre o panasco dun muro, sentir que foi un día de estudio productivo ou simplemente avistar o reflexo labrado dunha estrela fugaz. Só hai que estar no lugar adecuado no momento preciso, e voilà...!"
Hoxe, logo dunha intensa lucha de seis meses cunha manchea de asombro e admiración ante o descoñecido, por fin podo dicir, que vexo un chisco de luz ao final do tunel. Esta semana rematei o diapasón e xa teño listo a cejuela, puente e selleta, dos que tratarei no próximo post.
Un saúdo para todos, ben sexades cantantes, músicos ou trastes. Aquí vos deixo as imaxes do traballo.
Traste un, dous, tres e así ata chegar ao 19, pero non sen antes pasar polo 12, este traste ten algo particular, agora vos conto. En todo instrumento de corda pulsada, o traste 12 debe coincidir na metade do tiro, entre a cejuela (punto superior do diapasón) e a selleta (puente). Neste traste, tamén é onde se mide a altura de corda.

Nun principio, o aplanado de trastes queríase por de punta, logo pensouno ben e deixouse querer.
Comentarios
Publicar un comentario