Co medo nos pés
Os protagonistas da historia que vos vou contar, son Antón de 75 anos, a súa dona Mercedes de 73 e un animaliño onicofáxico do cal descoñezo a idade. Antón e Mercedes, a pesar de levar casados dende o ano 1962, só fai 14 que viven en condición de inquilinos, nunha casa vella e descoidada, que leva unha década pedindo a gritos unha reforma. A situación da casa non está precisamente no casco urbán, está máis ben solitaria, ben afastada da bichicomada. O único acceso que hai para chegar a ela, é unha carretera asfaltada, chea de fochancas e ben señalizada ata cruzar unha ponte medieval, despois só nos queda un largo camiño sorteando raíces, croios e bosta fresca, o seu fin está nun muro con reixas, no que un portal de fundición, luce unha fermosa aldaba de bronce. Dentro, un embrollo de distintas especies vexetais, forman un xardín estrado de prantas con flores de multitude de olores, tamén hai insectos, carreiros de formigas, cagallas de coellos, vermes, arañas de non...