Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Xylazel

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción fase - 11)

Imaxe
E por fin chegou o bo tempo! Non sei os días que nos acompañará, pero eu xa estaba farto de tanta humidade e  ver pasar os días sen poder traballar no instrumento. Sendo sincero  xa tiña algo de mono.  Polo que esta semana deille caña a mazo e  lixa por un tubo , cejuela selleta e  fondo protector. Tanto a cejuela como a selleta son pezas fundamentais nun instrumento de corda, por eso o ideal é facelas de óso e non de plástico como se fose a tapa do váter dun bar de copas. Estas pezas soportan a tensión das cordas, afectando directamente á vibración, e por consecuencia ao tono e ao sustain do instrumento, polo que o axuste debe ser total (fino, fino). Logo de lixar a madeira ata o punto de que patinan as moscas, apliquei un fondo protector, agardando por un tapaporos caro como a peste. IR Á SEGUINTE FASE IR Á FASE ANTERIOR IR AO INICIO IR A MANFER STYLE

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 9)

Imaxe
Uns brochazos de Xylamon e unha caricia de spray Xylacel, fan que non entre termita nin termitón. Protección para máis de quinientos anos, como se nada, vamos! Hoxe toca falar da tapa armónica, esta é unha das pezas máis importantes de calquera instrumento de corda, dela depende moito a calidade do son, encárgase de modular, transmitir e expandir o sonido. Din os entendidos que polas características timbricas, as mellores son as de abeto e cedro, calquera das dúas xenera bos armónicos, aínda que ante gustos non hai disputa. Para o encolado da tapa, axúdome de cinta de carrocero, dous clavos e tiras de goma. Nesta imaxe, mostro rematado o perfilado da cenefa, axudeime dun gramil e unha cuchilla. Como non podía ser doutra maneira, esta cavidade é para incrustar a peza co logo de MANFER Style, augurando un resultado espectacular. En proceso unha suave lixadura previa a un tinte definiti...

Aprendiz de lutier - fase 9

Imaxe
Unha estación espacial sen control, caerá á Terra nos próximos días, o artefacto pesa unhas cuantas toneladas pero aquí non pasa nada. Según catro matados, non hai motivos de preocupación, din que podemos estar tranquilos. Malo raio os parta! Para o alivio de tal preocupación, aquí vos deixo coas últimas imaxes do proxecto "Mandolina". Unha obra coa que me sinto moi contento, xa que vexo que o  propósito  paso a paso estase facendo realidade, noto unha sensación así como cando un empeza a clases de inglés e aproveita a taberna para chapurrear a lingua de Shakespeare cos amigos. Esta foi unha semana de tacos, primeiro puxen  os zoquetillos do fondo, un a un, con moito tino de non excederme coa cola, logo a cadeneta da tapa, onde as pinzas do tendal fixeron que todo saíra como de costume.  Os zoquetillos que utilicei para o fondo, son de cedro brasileño e a cadeneta da tapa armónica, de cedro roxo. Cinco productos en catro días, preventivo anticar...

Aprendiz de lutier - fase 6

Imaxe
Esta foi unha semana de olor a madeira, dediquei o tempo en construir o varetaxe e preparar a tapa e o fondo. A tapa armónica é o principal elemento vibratorio ,  dela depende en gran medida a calidade do son. Para esta u tilicei  Abeto Engelmann, é sorprendente a  densidade tan baixa deste elemento, e  para o fondo Cedro Roxo, ámbolos dous coas vetas rectas e moi xuntiñas como debe ser.   03-03-18 Remato a semana cos deberes feitos, queda á espera de pegar varetas. Volverei a utilizar outro sistema milenario, neste caso de subxección, pero esto mostrareino no próximo capítulo. Pasei toda a mañá enfaenado, o día foi moi productivo, deixo todo lixado e co protector de fondo dado, agora chegou o momento de meterlle unha copichuela de Condado de Haza, un Ribera del Duero que está que se sale. Non vai ser todo traballar! Vai por vós! 01-03-18 Esto é o que se di comezar o mes con varetas,  aínda que nesto do varetaxe dá a impre...