Aprendiz de lutier - fase 6

Esta foi unha semana de olor a madeira, dediquei o tempo en construir o varetaxe e preparar a tapa e o fondo. A tapa armónica é o principal elemento vibratoriodela depende en gran medida a calidade do son. Para esta utilicei Abeto Engelmann, é sorprendente a  densidade tan baixa deste elemento, e para o fondo Cedro Roxo, ámbolos dous coas vetas rectas e moi xuntiñas como debe ser. 





03-03-18
Remato a semana cos deberes feitos, queda á espera de pegar varetas. Volverei a utilizar outro sistema milenario, neste caso de subxección, pero esto mostrareino no próximo capítulo.






Pasei toda a mañá enfaenado, o día foi moi productivo, deixo todo lixado e co protector de fondo dado, agora chegou o momento de meterlle unha copichuela de Condado de Haza, un Ribera del Duero que está que se sale. Non vai ser todo traballar! Vai por vós!



01-03-18
Esto é o que se di comezar o mes con varetas, aínda que nesto do varetaxe dá a impresión de que cada lutier vai a súa bola, en realidade hai unhas pautas a seguir, máis que nada para que todo vaia polo bo camiño. Logo dunha dificil decisión, o sistema de barras armónicas a utilizar, será en cruceta, digo dificil porque cada sistema ten as súas ventaxas e os seus inconvenientes, dependentes dun montón de factores, como son o tipo de instrumento, combinacións de madeiras etc. Polo que nestes casos que a experiencia vai por Londres, tomar unha decisión acertada pode ser todo unha aventura.










Estes son os productos que irei aplicando á madeira ao largo do proceso, un protector de fondo, un antitermitas, un matacarcoma e por último, acetona.

28-02-18
A metodoloxía que sigo para unir as pezas, tanto da tapa armónica como do fondo, básase nunha técnica milenaria de gran eficacia.


A madeira que utilizo para o fondo é de Cedro Roxo  

Esta madeira clariña e moi manchadiza que utilizo para a tapa armónica é de Abeto Engelmann



27-02-18
Xa chegaron os músicos que faltaban













Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)