Aprendiz de lutier - fase 8

Téñolle tanto aprecio a esto de elaborar varetas, que se fose fumador, o deixaría con tal de non afumalas. Esta semana encolei fondo, zoquete e varetas. A sensación foi fascinante... Estou por decir, que na próxima vida non quero ser xuíz, militar, conserveiro nin fareiro, quero ser lutier.






Pregúntome, se o motivo polo cal non existen instrumentos de corda no folclore galego, sexa debido a que para a súa construcción, haxa que manter unha humidade ambiental entre 50 e 60% a que temos normalmente en Galicia, vamos!










Normalmente a principal función do zoquete é unir os dous aros, aínda que neste caso a única finalidade que ten é facer de base para atornillar o cordal, xa que este instrumento consta dun aro único.
Nesta imaxe apréciase fenomenalmente a diferenza de veta nas distintas partes: Tapa, aro e zoquete. Canta máis separada está a veta, máis absorbe e menos transmite, por eso a tapa armónica as ten tan xuntas, a ela é o que lle queda. Transmitir!















Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)