Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2014

Para voar

Imaxe
Con estas Mizuno® vai arder Troia, que se preparen os Camiños...!!!

Correndo por Vilagarcía

Imaxe
Que viva a diversidade!!! Inauguracións, botellóns, carreiras con caché, despedidas particulares, festas, festiñas e festorras; toda unha serie de propostas de gran conveniencia, proveito, interés ou como cada un lle queira chamar. Quen fora Deus para atender a todalas corridas...! Sería un frenesí, un delirio, unha exaltación con todas as da lei poder atendelas ó mesmo tempo; vaia soberbio deleite!  Pero a realidade so hai unha, e como cada can lambe o seu carallo, cada un tense que apañar co que lle toca. Pobre daqueles desgraciados que nin eso! Eu teño que decir que a carreira de onte a noite en Vilagarcia foi un auténtico espectáculo, formando un plantel con dous compañeiros de luxo, os Sres. Dani Bravo e Clemente Ferreirós (estes dous corren como chispas) Quen me dera a metade dos anos deles menos!!!  Clemente 144 de 316 Dani 221 de 316 Eu cheguei de 264 para min facer 10Km en 50 minutos é todo un record persoal

Parque San Mamede

Imaxe
Hoxe, outro día de eses que sales da casa sen un destino establecido pero cunhas ganas tremendas de dar pedal. Como din os da orilla máis alta do Pisuerga, “¡A por la aventura...!” e así foi. Despois de pasar por montes e moreas (sempre costa arriba) e agardando a evidente chegada desa carretera chea de morrillos, máis propia de BTT que dunha cousa fina como é a “Place for One” Atopeime no medio dunha fermosa carballeira cunha beleza incomparable, donde conviven unha boa manchea de especies arbóricas, o Parque de San Mamede, no Concello de Lousame. Por un lado e polo outro, pero ata a data nunca eu alá chegara.   O Paparroda Unha viaxe ó século XVIII Esta ermida debe ser unha das poucas que hai en Galicia sen porta, supoño que foi fruto de algún acto vandálico, o que me sorprende é que o Concello de Lousame a teña así. Será que non hai aceiro en Lousame?  Bueno... Si foi a consecuencia dun feito morboso, supoño que a parella terá o perdón de Deus. jajajaja!!! Que

XI Carreira nocturna de Vilagarcía

Imaxe

I Carreira Popular de Corrubedo

Imaxe

Centellas de sol

Imaxe
Onte con aquelas centellas de sol que caían as cinco da tarde, non se me dou por ir a praia como todo mundo, non!!! aquí cada un toma o sol a súa maneira, a min doume por coller a "Place for One" e saír bourando, que nin un escapado de "A Lama" iría tan rápido sen un destino fixo, eu funo traballando polo camiño hata chegar a Ponte Nafonso . Ó pasar pola praia das Gaviotas, e vendo tal refrescante colorido, non quedou outra que inmortalizar o momento.

Marcha Movistar

Imaxe
Hoxe fun consciente de haber cambiado un fantástico  percorrido de domingo,  por un suave paseo de 10 Km de “Marcha Movistar” que se celebrou en Santiago de Compostela.  Alí  atopeime con vellos amigos e mogollón de caras coñecidas, que sen sabelo compartimos a mesma afección. Unha afección que cada ano conta con máis adeptos, algo tan sencillo como andar en bici, nin máis nin menos, eso sí, esa magnífica e admirable afección engancha de lo lindo. E como o feito de xuntarse un puñado de amigos, polo xeral vai asociado a un bo intercambio de opinións, o encontró de hoxe non podía ser menos. Despois de moito batallar sen lograr un puro consensuado, a conclusión está clara, cada un fala da praza como lle foi nela, xa que o que é bo para uns, para outros non o é tanto, “esta marca non sei que”, “esta outra non sei canto” de cadeas, cambios e piñóns. Todos somos uns entendidos na materia que nin os cans, e non so somos nos os entendidos, elas tamén o fan moi requeteben, xa que cada día son

Xente para todo

Imaxe
Rapaces, mozos  e vellos, cada un cas súas manías e Deus ca de todos. Nestes días de medio sol apreciado como auga de maio é curioso a diversidade de formas variopintas que ten a xente de inveritr o seu tempo libre; uns ó sol e outros á sombra, uns activos e outros estáticos, uns con cervexa e outros sen ela, pero iso si, todos contentos. Aquí deixo unhas fotos da saída de hoxe a Cabo de Cruz,  para vós, os Paparroders. Praia de Cabío Parada obrigada Praia Xardín Muelle de Ribeira

Sereas na ría

Imaxe
Non sei que xeito é este, pero xa pasei onte pola nova ponte de Noia e non vin esas sereas das que tanto fala a xente. Esas sereas do solpor ataviadas de finas augas de cristais de seda, con cabelos mimados, tolos e embobados,  saindo dese mergullo mirando ó ceo, cun aleteo típico dos cánticos dunha trintena delas, cheo de vistosos chapuzóns nun horizonte de dourados refrexos.  Polo tanto teño que dicirvos que sinto media decepción, xa que non sei que me fai pensar que eso das sereas non é certo, moi o meu pesar, creo que ten pinta de ser un bo conto feireiro. Parada obrigada