Marcha Movistar
Hoxe fun consciente de haber cambiado un fantástico percorrido de domingo, por un suave paseo de 10 Km de “Marcha Movistar” que se celebrou en Santiago de Compostela.
Alí atopeime con vellos amigos e mogollón de caras coñecidas, que sen sabelo compartimos a mesma afección. Unha afección que cada ano conta con máis adeptos, algo tan sencillo como andar en bici, nin máis nin menos, eso sí, esa magnífica e admirable afección engancha de lo lindo. E como o feito de xuntarse un puñado de amigos, polo xeral vai asociado a un bo intercambio de opinións, o encontró de hoxe non podía ser menos. Despois de moito batallar sen lograr un puro consensuado, a conclusión está clara, cada un fala da praza como lle foi nela, xa que o que é bo para uns, para outros non o é tanto, “esta marca non sei que”, “esta outra non sei canto” de cadeas, cambios e piñóns. Todos somos uns entendidos na materia que nin os cans, e non so somos nos os entendidos, elas tamén o fan moi requeteben, xa que cada día son máis as mulleres que vemos a cabalo da bici participando neste tipo de eventos. Alégrome por min e por elas!!!
Este espacio queda a espera de algo interesante que atope mañá na web relacionado co evento.
Un saúdo.
Atopei catro fotiños para completar esta entrada o blog
Estas son as duas fotos virtuais que fixen o día da marcha

Non podía faltar un selfie do intre antes da saída |
Este espacio queda a espera de algo interesante que atope mañá na web relacionado co evento.
Un saúdo.
Atopei catro fotiños para completar esta entrada o blog
Estas son as duas fotos virtuais que fixen o día da marcha
Comentarios
Publicar un comentario