Correndo por Vilagarcía

Que viva a diversidade!!!
Inauguracións, botellóns, carreiras con caché, despedidas particulares, festas, festiñas e festorras; toda unha serie de propostas de gran conveniencia, proveito, interés ou como cada un lle queira chamar. Quen fora Deus para atender a todalas corridas...! Sería un frenesí, un delirio, unha exaltación con todas as da lei poder atendelas ó mesmo tempo; vaia soberbio deleite!  Pero a realidade so hai unha, e como cada can lambe o seu carallo, cada un tense que apañar co que lle toca. Pobre daqueles desgraciados que nin eso!
Eu teño que decir que a carreira de onte a noite en Vilagarcia foi un auténtico espectáculo, formando un plantel con dous compañeiros de luxo, os Sres. Dani Bravo e Clemente Ferreirós (estes dous corren como chispas) Quen me dera a metade dos anos deles menos!!! 






Clemente 144 de 316

Dani 221 de 316

Eu cheguei de 264 para min facer 10Km en 50 minutos é todo un record persoal




Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)