Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2020

A dobre vida de Sancho Panza

Imaxe
Prólogo Antes de meterme en fonduras, quero deixar claro que esta exposición non é unha interpretación dalgún capítulo da novela  “El ingenioso don Quijote de la Mancha”, se non unha narración con detalles únicos, tomando como eixo a Sancho Panza. Este é o inicio dunha serie de relatos nos que narro vivencias e circunstancias que tanto Cervantes como o mesmísimo Avellaneda non citaron, ben fora por recato ou descoñecemento. Tamén é certo, que falando desta obra con algúns compañeiros, oín verdadeiros disparates, entre os cales, figura un que é digno de mención, máis que nada porque sinxelamente me supera: “Como vas a escribir ti algo que non estea no libro? Sendo así estás mentindo!” Só teño que dicir que o disfrute do néctar imperial está en saber saborealo, igual que gozar do surrealismo cósmico, vamos!   Sábese que Quijote era delgado como un fiuncho, pero xúrovos que era moito máis fraco que do que nos fixeron crer, moito máis fraco que o voso veciño máis desca