A dobre vida de Sancho Panza

Prólogo

Antes de meterme en fonduras, quero deixar claro que esta exposición non é unha interpretación dalgún capítulo da novela “El ingenioso don Quijote de la Mancha”, se non unha narración con detalles únicos, tomando como eixo a Sancho Panza. Este é o inicio dunha serie de relatos nos que narro vivencias e circunstancias que tanto Cervantes como o mesmísimo Avellaneda non citaron, ben fora por recato ou descoñecemento.

Tamén é certo, que falando desta obra con algúns compañeiros, oín verdadeiros disparates, entre os cales, figura un que é digno de mención, máis que nada porque sinxelamente me supera: “Como vas a escribir ti algo que non estea no libro? Sendo así estás mentindo!” Só teño que dicir que o disfrute do néctar imperial está en saber saborealo, igual que gozar do surrealismo cósmico, vamos! 

Sábese que Quijote era delgado como un fiuncho, pero xúrovos que era moito máis fraco que do que nos fixeron crer, moito máis fraco que o voso veciño máis descarnado. Non sei se onde vivides se estila o pernil tan escuálido, pero na comarca do Barbanza non hai ninguén tan magro como Quijote, non hai ninguén que contraste tanto coa figura rechonchiña de Sancho que, así como era entrado en carnes, tamén era roñón a dios dar, ademáis dun cerelleiro de putamadre, se non era por unha cousa era por outra, pero sempre andaba en conflictos. Recórdame aos vellos da miña aldea sendo cativo.

Por casualidades da vida, Sancho Panza e Alonso Quijano (que era o nome de pila do que todos coñecemos como D. Quijote) compartían dúas leiras en extrema, motivo eterno de liortas. Cara aos veciños daban unha imaxe de disputas como de cans e gatos, pero sorprendentemente, estes dous individuos levábanse máis ben que mal, motivo que me levou a escribir este relato e publicalo en primicia para todos vós. 

Agardo que o disfrutedes.


A dobre vida de Sancho Panza

Chegado o fin de semana, alá contra a noitiña, non eran poucos os mozos que todos limpos, encoloniados e peiteados, se achegaban ata a taberna de O Toboso, a única que había en toda a llanura de Campos de Montiel, bueno, había outra en Campo de Criptana, pero esta era máis ben ultramarinos e non servía chiquiteo como dios manda, polo que todos, acudían á taberna de O Toboso. Non sei se tirados por carretas, atraídos polo viño ou polas camareiras que o servían, tres mozas morenas de moi bo ver, Dorotea, Marieta e Dulcinea. Ata alí cada un chegaba no que podía: Ben fora besta, cabalo, a pé ou en burro, como era o caso de Sancho, que ía de chiquiteo nun orelludo de porte elegante, un asno alto e esbelto, de nome Rucio, todo un figurín! 

O importante era acudir á cita social, fora no que fora... 

Non había home que se resistira aos encantos femininos daquelas tres mozas, eran algo así como o top-ten da sedución. Marieta era recatada a simple vista, guapa e discreta, todo o contrario que Dorotea (a muller do taberneiro) que de recatada non tiña nada, unha verduleira que velaba polo disfrute dos clientes con escotes de locura e saias pola cintura. Polo contrario Dulcinea era calada e parecía honesta, pero no fondo as tres pecaban do mesmo.

Teño que dicir que alí xuntábase o melloriño de cada casa, formaban unha pandilla que bueno… Amantes desesperados, empedernidos, listillos, cobardes e os que sufrían mal de amores. Como cliente vip destacaba o Sr. Cardenio (o barbeiro) estaba casado con Luscinda, pero era o que apalpaba a Dorotea, mullereiro era un pouco, cornudo tamén, porque a Luscinda Fernando (o taberneiro) sabíalle ler ben o rosario. Aínda sendo sabedores de tal circunstancia, curiosamente estes dous eran igualmente amigos. 
E por que non…?

Entre todos eles, tamén estaba Sancho Panza, que o único motivo polo que ía á taberna, era discutir por calquer parvada, como fai a maioría da xente de hoxe, futbol, política… Porque agora, o que é discutir por mulleres, xa non se discute, é algo que pasou a segundo plano, como se cada un tivera as cousas tan claras como Sancho, que estando felizmente casado con Teresa, sabía perfectamente que naquela taberna non estaba o bombón dos seus soños, un prototipo de muller forte pero tamén fermosa, honesta e intelixente, cousa que alí non había, e na súa casa sí.

Sancho era un campesiño que compaxinaba o traballo de labrador co de negociante, sempre se sentaba nunha mesa de casqueiro, propensa a acumular po e pelos de gato, adornada cunha enorme cornamenta de cervo na parede, alí sentado entre rinchos e moscas atraídas pola concentración equina que se xuntaba diante da taberna pasaba as horas pensando nas súas cousas, elaborando minuciosamente un novo plan para chegado o día actuar. Corría polo seu pensamento, desafiar a un comerciante dunha expedición galega, que dirixía dous carruaxes cargados con pipos de licor café procedente de Caldas de Reis, polo que buscaba urxentemente un axudante eficiente e discreto.



Gracias por voar con Paparroda.



Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)