Ferreiros Castrexos
Inmerso entre arrays , textos estructurados e direccionamentos indirectos , ante a imposibilidade de raspiñar algo de sono, levaba unha temporada sen facer factible a publicación habitual neste medio. Nada máis cambiar de torna , non dudei en celebralo cun gustoso traballo de campo. Con zapatóns, cámara e media sobremesa a costas, partín cara a Boiro coa intención de visitar a península de Neixón e fotografiar a riqueza arqueolóxica dos seus castros. O periodo de ocupación deste recinto castrexo foi dende finais da Idade de Bronce (século VI a.C.) ata ben entrada a Época Romana (século IV d.C.) A metalúrxia, e por consecuencia o comercio, foron os seus pratos fortes, xa que coñecían a técnica de producción de ferro. Eles venderon e trocaron os primeiros utensilios fabricados neste metal. Chegaron a ser ferreiros de élite na fabricación das famosas espadas que os romanos tanto uso lles deron polo mundo adiante. De aí o abondoso apelido Ferreiro pol...