Tarta de queixo con xelatina de fresa
Xa iba sendo hora que publicara un post relacionado coa gastronomía, os últimos foron o 22 de maio do 2016 e o 26 de decembro de 2015 Como cartalas patacas da tortilla e Mesturanza culinaria respectivamente. Desta quero compartir con todos vos outra verdadeira exquisitez culinaria, se sodes de chicles de fresa, esta é a vosa tarta. Para a súa elaboración utilizo un molde desmontable de 26cm de diametro con papel de forno. Os ingredientes son: 500ml de nata para montar 500g queixo Philadelphia (2 tarrinas de 250g) 375ml de auga (vaso e medio) Un sobre e medio de xelatina Royal Unha cullerada sopeira ben abicada de margarina Dúas ducias de galletas Tres culleradas de azucre 50cm de papel de forno Básicamente a elaboración desta receita consiste en botar a mezcla de xelatina, queixo e nata, encima dunha base feita de galleta, deixar arrefriar un chisco e rematar cunha capa de xelatina. Porteriormente meter no frigorífico un mínimo ...