MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 9)
Uns brochazos de Xylamon e unha caricia de spray Xylacel, fan que non entre termita nin termitón. Protección para máis de quinientos anos, como se nada, vamos!
Hoxe toca falar da tapa armónica, esta é unha das pezas máis importantes de calquera instrumento de corda, dela depende moito a calidade do son, encárgase de modular, transmitir e expandir o sonido. Din os entendidos que polas características timbricas, as mellores son as de abeto e cedro, calquera das dúas xenera bos armónicos, aínda que ante gustos non hai disputa.
Para o encolado da tapa, axúdome de cinta de carrocero, dous clavos e tiras de goma.
En proceso unha suave lixadura previa a un tinte definitivo.
Comentarios
Publicar un comentario