MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 10)
Caprichos para unha privilexiada!
Tódolos instrumentos están en contínua evolución, pero a mandolina napolitana xa dende os seus inicios, foi un instrumento precioso, encántame! Para a súa construcción utilizo técnicas actuáis, pero eso sí, procurando conservar a esencia de antaño, e siga sendo radicalmente idéntica ao seu inicio na Edade Media, cando era un instrumento codiciado por juglares e trovadores. Na actualidade está en franco desuso, utilizada só por tunos, comparsas e rondallistas, para que disfruten uns poucos, aínda que esto do disfrute é moi relativo, se non que llo pregunten ao pobo de Aguiño cando asiste a calquera dos múltiples concertos que a súa rondalla ofrece de balde.
Odiosa a xente esta que lle presta atención a todo excepto ao que ten que atender.
Sinceramente, parecen energúmenos poseidos.
Aquí vos deixo case 40 fotos, a modo ilustración de distintas partes desta fase. Que as disfrutedes!
Pasiño a pasiño, chegou o turno do diapasón, un diapasón negro como o cu do pote.
Incrustacións de nacar procedentes de China, traídas por o Marco Polo actual.
Algún traste ten que ser o primeiro aínda que vaia en segunda posición, a separación entre eles é conforme a un tiro de 359mm.
Tanto o puente como o diapasón son de ébano, dúas pezas clave na calidade do son. Non quero pensar no que queda por pulir.
A exclusividade deste puente, conleva a un diseño propio e único no mundo enteiro. A ver o que sae de aquí!
Como podedes ver, para o encolado do puente utilizo o sistema tradicional chino, canas para facer un traballo de perlas.
Istes ósos de pura tenreira galega (idénticos aos que usaba o mesmísimo Stradivarius) son para confeccionar tanto a selleta como a cejuela.
O que menos pensa o carniceiro cando lle pido estes ósos, é que son para tal fin, aínda que con este frío que fai, unha sopiña ao toque de fémur tampouco viría mal.
Así pulía, así, así.
Comentarios
Publicar un comentario