MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 8)
Tintes e cadenetas.
O feito de usar tintes, obedece a numerosas razóns e significados. Xa daquela os Indios, embadurnaban a cara co fin de recibir enerxía, poder e definir á tribu que pertencían, diferenciando rivales de aliados. Teñir a madeira ven sendo algo parecido, disimula pequenas imperfeccións e cumpre unha función moi importante como é a decorativa, conseguir o efecto desexado, mellora a apariencia e con ela o poder, igual que os Indios.
Para a ocasión, utilizo un tinte de nogal (acrílico), con evaporación media lenta, o resultado acadado é espectacular.
Colocación da cadeneta (cedro vermello)
Preparando a cavidade para incrustar o clavixeiro
Comentarios
Publicar un comentario