O pequeno Artalón

As numerosas historias que contaban os vellos da aldea (daquela cando eu aínda era medio cativo) sempre me chamaron moito a atención, sobre todo a que falaba da voda de Artalón, un tipo de outra ría que casara en Baroña. Parecíame que todo aquilo que contaban non podía ser verdade, que eran contos feireiros máis que outra cousa. Agora que de medio cativo non teño un pelo,  máis ben cativo e medio, penso que entre aqueles disparates, había moita palla e pouca verdade, comprensible ata certo punto, xa que entreter aos ointes só con verdades, non sempre é doado.

Imaxe procedente da web
Neste relato, vou contarvos unha daquelas historias que ao longo dos anos, conformaron os contos da lareira. A historia está fundada nun dereito legal do Medievo, trata dun tipo que era de contra a parte de Boiro, e que se casou en Baroña con Isabel, unha das mozas máis guapas da parroquia. O nome de pila do tipo era Tucho, aínda que todos o coñecían polo alcume de “Artalón”. Cabe dicir, que cando sucederon estes feitos, corría o ano de 1597 cos últimos cartuchos de Felipe II ao frente.  
Esta historia está relacionada co dereito de pernada, que tanto se estilaba na Idade Media. Quen non oíu falar de este dereito...? Ben sabido é por todos, que era un privilexio feudal que tiñan os nobles, un presunto “dereito” de pasar a noite de vodas coa muller dos seus vasallos. Un abuso de autoridade en toda regla, un reflexo de dominación da clase privilexiadada da época, prácticas impostas polos porcos ricachóns do pobo (terratenientes e curas). Parece mentira que se levaran a cabo esta clase de actos, sen que ninguén se revelara, feitos ocurridos ante a pasividade de pais, maridos e veciños, parece que era a cousa máis normal do mundo, ata nin a dona do señor feudal poñía empedimento. Sigo sen entender como non lle teñen partido a cara a máis de catro... Da igual que fose señorito, cura, terrateniente ou feudal.
Este feito reflexa a baixa estima e consideración que se lle tiña á muller naquela época, sumisión total! Pregúntome se esto cambiou, ou polo contrario, ben sexa directa ou indirectamente, segue sendo igual? Este día falando cun compañeiro sobre o tema, dixo algo que retumbou no meu interior “Deso saben ben as mulleres da oficina onde eu traballo, vai alá e xa verás”. Sen comentarios!

Daquela a sumisión ante o señor feudal, era debido ao medo a que este lles retirara as terras que traballaban, coa evidente consecuencia de morrer de fame, pero... E o cura? Que motivos levaba ao cura a ter dereito de pernada? Ter dereito a mollala, vamos! Pregúntome que pintaba o cura en todo esto? Por que sumisión ante o cura? Medo a que os excomulgara? Medo a que non lles bautizara os fillos, medo a que non lles dera a primeira comunión, ou quizais medo a que non os enterrara? Deixando que cheiraran os difuntos como cans mortos de sete días. O do cura está complicado de entender. Non tiñan poder os tipos estes nin para que...?

Día da voda. 

Era media tarde e xa todos estaban fartos de comer e beber no banquete de Tucho e Isabel, un banquete con tódalas delicias culinarias que o mesmísimo Saborido Caneda, encargara a súa conta. Este señor ademáis de ser un dos maiores terratenientes da comarca, tamén era o patrón de Tucho. 
Faltaba ben pouco para o momento do baile, cando o señor Saborido entra na sala pateando o piso dunha maneira incalculable, derrochando poderío ante o espanto emotivo de tódolos presentes. Viña buscala noiva para exercer o dereito otorgado como feudal, o dereito de pernada.

Armouse tal batifondo na sala, que a noiva (mostrando ollos en branco pensando no que lle viña encima) incluso non foi a única en romper a chorar, ante este feito o marido non duda en consolala, máis que nada por mor a perdelas terras e con elas o traballo, polo que fose sumisa e que pasara a súa noite de vodas sen remordementos. 

— “Non te preocupes muller! Total é só unha noite” —Rosma Tucho, con tono endémico.

Chegado o momento, o señor Saborido, sorprendentemente felicitou á noiva, a levou consigo ao pequeno Artalón (o seu vasallo) para pasar a noite con el. O asombro e a mirada atónita de tódolos invitados que descoñecían a condición de maricón do señor feudal, foi total!. 

— “Tucho, non te acougues, dalle renda solta a coraxe que levas dentro, e non te amedrentes na camada. Quérote!” — Dixo Isabel con voz de pena.

Os convidados expectantes, quedaron asombrados con tal ver.



Non é necesario retroceder ata Idade Media, para revivir este tipo de prácticas, na actualidade aínda que resulte impensable cometer delitos deste calibre, desgraciadamente esta “tradición” de prepotencia do empresario, séguese dando enmascarada en outro tipo de abusos.
Ti que opinas?


Batifondo: alboroto formado por varias persoas que rifan.






Comentarios

  1. Relato bastante pobre e atrapallado pola constante valoración subxectiva do autor sobre outra época.

    Un "sinsentido", que din en castelán.

    ResponderEliminar
  2. Sen dúbida, son consciente de que os meus relatos teñen moito que mellorar, só faltaría! Penso que como os de calquera. Uns máis outros menos, todos temos que evolucionar, xa que aprendido non nace ninguén (polo menos en Baroña, onde me pariron, máis alá non sei) pero bueno, vexo que transcurro por bo camiño, contando co apoio obxectivo e desinteresado de entendidos como vostede. Que máis podo pedir!

    Só cabe darlle as gracias e decir que sinceramente me sorprende o seu anonimato. Non me será deses que “Lanza la piedra y esconde la mano”, que din en castelán.

    Un saúdo e a disfrutalo domingo.

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)