MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 7)

Un caldeiro con 25 quilos de pintura, dá máis que para pintar, se digo esto é porque o traballo que desempeña no encolado das varetas, é impresionante, para mostra un botón.

Nesta mandolina utilizo un sistema de varetaxe en forma de abanico, estilo Antonio Torres, que sen dúbida foi no S XIX o principal responsable do éxito deste sistema, tal é así, que hoxe en día xunto con outros grandes constructores, como Romanillo ou Elliot son referente estandar. Para tal efecto débese utilizar madeira cunha densidade entre 440 e 470 Kg/m3 para esta tarefa a familia das Piceas é especial, a que utilizo nesta labor é Picea Abies, máis coñecida como Abeto alemán, que por suposto está dentro do rango. Coido que estes datos que atopo navegando pola web, son importantes para calquer principiante coma min, por eso considero relevante compartilos, nunca faltará a quen lle poidan interesar. 





Coa colocación da segunda barra armónica, paso a encolar o reforzo da roseta, dúas pezas miudas, semellantes ao pau dun xeado, pero non por iso exentas de importancia.





Aínda non o comentei, pero esta mandolina vai estar equipada cun piezoeléctrico con saída jack 6,35mm para amplificador. Optei por situar estes elementos na parte inferior traseira do aro, para que non entorpeza á correa de suxeición. Nun principio a escala teño pensado tallala na propia madeira, intensificando os segmentos con betume de xudea.





Co encolado desta vareta de reforzo transversal, coñecida como varra estructural, dou por concluida a varetaxe desta mandolina. (be terminated)











Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 2)